Ribadeo, 5 de novembro de 2020. O alcalde, Fernando Suárez, subliña que o Concello ven de conseguir unha autorización xenérica para realizar traballos de retirada de árbores secas e corta e poda de vexetación en ríos e regos do termo municipal que son competencia da Confederación Hidrográfica do Cantábrico, é dicir os que desembocan no río Eo ou na ría de Ribadeo. Aquelas persoas que desexen facer uso desa autorización deben presentar unha comunicación no Concello de Ribadeo.
O rexedor declarou que “no ánimo de simplificar ao máximo as tramitacións administrativas, vimos de conseguir que a Confederación Hidrográfica do Cantábrico lle conceda ao Concello de Ribadeo unha autorización xenérica para realizar traballos de retirada de árbores secas, de podas ou de corta de vexetación, nos ríos e nos regos do noso concello, que resulten da competencia deste organismo, que son os que desembocan no río Eo ou na ría de Ribadeo, mentres que os que desembocan na costa, no mar Cantábrico, seguen resultando da competencia de Augas de Galicia”.
Suárez Barcia dixo que “os veciños que queiran facer uso desta autorización, á hora de desenvolver traballos como retirada de árbores secas ou caídas, podas, rozas, etc…, no ámbito de afección destes ríos ou regatos, deberán presentar unha comunicación previa no Concello, cubrindo un formulario que hai establecido e sen a necesidade de acudir nin á Confederación Hidrográfica nin a ningunha das súas oficinas”.
O alcalde engadiu: “se alguén quere realizar este tipo de traballos nos ríos e regos que desembocan na costa, neste caso as xestións administrativas si que se deben realizar directamente diante de Augas de Galicia, que ten para iso establecido o correspondente procedemento de declaración responsable. Para máis información ao respecto poden contactar coa Área de Medio Ambiente no teléfono do Concello ou no correo electrónico sostibilidade@Ribadeo.org.”























A artista, referente da música popular galega, conectou cun público diverso que gozou dunha sesión vermú marcada por máis de trinta anos de traxectoria. O concerto serviu tamén como despedida e recoñecemento a Valentín González e Viviana Pérez, que deixan a organización da comisión de festas tras dúas décadas. O deputado de Mocidade, Daniel García, destacou a importancia da implicación veciñal para manter vivas as celebracións que fortalecen a identidade comunitaria e reafirmou o apoio da Deputación ás redes asociativas e á programación cultural en galego. A actuación forma parte da iniciativa provincial para achegar música tradicional e en galego a todos os públicos.
Cómpre sinalar que este produto conta cun distintivo de calidade diferenciada, a Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá, un dos 36 selos recoñecidos en Galicia que amparan a súa excelencia. Neste sentido, a Xunta vén de lanzar a nova marca Aquí Sabemos, coa que se busca reforzar o coñecemento e a identificación por parte dos consumidores dos produtos alimentarios galegos protexidos por figuras de calidade diferenciada.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Estiveron organizadas por Acisa e financiadas pola Área de Medio Rural e Mar da Deputación de Lugo. 25 locais hostaleiros ofreceron tapas e racións en diversas preparacións. Acisa repartiu entre os establecementos 1.100 quilos de mexillóns para esta cita gastronómica. Ata Ribadeo se achegou o deputado Dani García, que estivo xunto á presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, e os concelleiros ribadenses Martín Graña e Vicente Castro.
Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falou coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá. Por diante queda toda unha fin de semana chea de actividades arredor da faba de Lourenzá. Os organizadores animan a acudir a esta cita.
Os asistentes puideron coñecer de preto unha particular viaxe que parte de Ribadeo e percorre Galicia en 37 etapas bordeándoa e combinando ciclismo, patrimonio, cultura e paisaxe. Jorge Justo estivo acompañado polo alcalde de Ribadeo, Dani Vega, e por Pablo Mosquera, ex director do Hospital da Costa (agora Hospital Público da Mariña).



