Burela, 5 de novembro de 2020. O alcalde, Alfredo Llano, pide responsabilidade á poboación de Burela para evitar a expansión do covid e para normalizar o antes posible a situación sanitaria e a economía local. Hoxe tivo lugar unha xuntanza no Concello para analizar as restricións da Xunta que entrarán en vigor na madrugada do vindeiro sábado.
O rexedor dixo que “xa é coñecida a nova resolución da Xunta de Galicia con respecto á aplicación de restricións para loitar contra a pandemia en 60 concellos, e nós somos un deles. Isto, que saíu hoxe publicado no DOG, vai ser de aplicación a partir das 0 horas do sábado. Entón nós tivemos unha reunión hoxe no Concello con responsables de todo tipo (técnicos, políticos e da Policía) para establecer os criterios e analizar como nos afecta esta nova normativa que se aplicará, se non cambian as circunstancias antes, ata principios de decembro”.
Llano explicou que “aquí tomamos as cousas con responsabilidade e todos temos claro que o obxectivo único é rematar coa pandemia para ter seguridade sanitaria. E temos moi en conta que debemos preocuparnos de actuar con responsabilidade para tratar de evitar todo o posible que se favoreza o contaxio do virus porque necesitamos normalizar a situación sanitaria, que é importantísima e dela depende todo, pero tamén a cuestión socioeconómica, que tamén é fundamental”.
O alcalde engadiu: “polo tanto traballando, como xa temos feito outras veces en Burela, todos ao mesmo tempo con ese único obxectivo, penso que vai dar resultados positivos rapidamente. Iso é fundamental para normalizar o antes posible a situación no noso concello”.
Alfredo Llano pide responsabilidade á poboación para evitar a expansión do covid e para normalizar o antes posible a situación sanitaria e a economía local
-
Seguinte
Obrigado pola situación actual e as novas restriccións á hostalería, o Resort Las Sirenas de Viveiro, malia que pechará as súas instalacións desde este sábado ata o venres 4 de decembro, manterá aberto o Restaurante Panorámico durante as fins de semana de novembro co servicio “Take Away by Thalasso”
























A artista, referente da música popular galega, conectou cun público diverso que gozou dunha sesión vermú marcada por máis de trinta anos de traxectoria. O concerto serviu tamén como despedida e recoñecemento a Valentín González e Viviana Pérez, que deixan a organización da comisión de festas tras dúas décadas. O deputado de Mocidade, Daniel García, destacou a importancia da implicación veciñal para manter vivas as celebracións que fortalecen a identidade comunitaria e reafirmou o apoio da Deputación ás redes asociativas e á programación cultural en galego. A actuación forma parte da iniciativa provincial para achegar música tradicional e en galego a todos os públicos.
Cómpre sinalar que este produto conta cun distintivo de calidade diferenciada, a Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá, un dos 36 selos recoñecidos en Galicia que amparan a súa excelencia. Neste sentido, a Xunta vén de lanzar a nova marca Aquí Sabemos, coa que se busca reforzar o coñecemento e a identificación por parte dos consumidores dos produtos alimentarios galegos protexidos por figuras de calidade diferenciada.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Estiveron organizadas por Acisa e financiadas pola Área de Medio Rural e Mar da Deputación de Lugo. 25 locais hostaleiros ofreceron tapas e racións en diversas preparacións. Acisa repartiu entre os establecementos 1.100 quilos de mexillóns para esta cita gastronómica. Ata Ribadeo se achegou o deputado Dani García, que estivo xunto á presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, e os concelleiros ribadenses Martín Graña e Vicente Castro.
Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falou coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá. Por diante queda toda unha fin de semana chea de actividades arredor da faba de Lourenzá. Os organizadores animan a acudir a esta cita.
Os asistentes puideron coñecer de preto unha particular viaxe que parte de Ribadeo e percorre Galicia en 37 etapas bordeándoa e combinando ciclismo, patrimonio, cultura e paisaxe. Jorge Justo estivo acompañado polo alcalde de Ribadeo, Dani Vega, e por Pablo Mosquera, ex director do Hospital da Costa (agora Hospital Público da Mariña).



