A Mariña, 28 de decembro de 2020. María del Carmen Rey, de Mazaricos, e o Centro de Día A Concordia, de Ribadeo, son os gañadores do I Concurso de Vídeos Cociñando A Mariña, que convocou a Mancomunidade.
A Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense fai públicos esta semana nas súas redes sociais e canal de Youtube os dous vídeos gañadores do concurso posto en marcha dentro da iniciativa Cociñando A Mariña Lucense. E durante os próximos días compartirá tamén os dous últimos vídeos gravados en colaboración coa hostalaría local e o IES de Foz. O ente levou a cabo este proxecto en colaboración coa FCAM e co apoio da Axencia de Turismo de Galicia.
A Mancomunidade lanzaba o concurso de vídeo-receitas para o público xeral o pasado mes de outubro, despois de ter dado a coñecer o traballo dos distintos produtores existentes no territorio nas súas redes sociais durante case un mes. Na páxina web do ente tamén é posible consultar a Guía de Produtores da Mariña Lucense.
Así mesmo, foi posible inspirarse e aprender observando as propostas de elaboracións da hostalería local nas redes sociais de Turismo da Mancomunidade e no canal de Youtube da entidade. Un total de 16 restaurantes participaron, colaborando tamén o IES de Foz cunha vídeo-receta que pechará a próxima semana a iniciativa.
Os vídeos gañadores do I Concurso Cociñando A Mariña Lucense e os seus autores son:
1º premio (Fin de semana no Hotel Rías Altas de Barreiros para dúas persoas, para vivir unha experiencia de turismo slow): “Taco Teresa” de María del Carmen Rey Mayo, de Mazaricos (A Coruña).
2º premio (Ruta da Faba de Lourenzá para dúas persoas. Trátase dunha experiencia turística completa que combina arte, natureza, gastronomía e cultura local): “A Bocados” do Centro de Día A Concordia de Ribadeo, ao que se lle comunicou a posibilidade de adaptar a ruta ás necesidades dos usuarios cando sexa posible.
O xurado estivo composto por:
Nicolás Asensio, director do IES Foz.
Beatriz Irigoyen, xerente da FCAM.
José Cuadrado, presidente da IXP Faba de Lourenzá
Tania Hermida, axente de desenvolvemento turístico da Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense.
Desde a Mancomunidade explican que “o obxectivo desta iniciativa no seu conxunto, pasou por traballar durante a tempada baixa na promoción da comarca como destino de turismo gastronómico e ao mesmo tempo por poñer en valor aos produtores, aos produtos e á gastronomía propia. Unha iniciativa novidosa coa que ao longo de 3 meses fomos dando a coñecer os produtores e os alimentos da Mariña Lucense, onde a hostalería amosou algunhas das súas elaboracións con produtos locais a través de vídeo-receitas e onde se convidou a participar á cidadanía nun concurso de receitas de gastronomía local mariñá”.
Campaña en redes sociais
A campaña nas redes sociais de Turismo da Mancomunidade como Facebook, Instagram e Youtube, enmarcada dentro desta iniciativa, para a promoción da Mariña Lucense como destino gastronómico e fóra de tempada, chegou a mais de 175.000 persoas de Galicia, Asturias e Madrid principalmente. O presidente da Mancomunidade, Fran Cajoto, amósase moi satisfeito “polos resultados acadados con esta iniciativa. E agardamos que, nun futuro próximo e cando todo mellore debido ao covid, pouco a pouco podan verse os resultados no territorio”.
























O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



