Ribadeo, 29 de xaneiro de 2020. O Concello de Ribadeo ofreceu esta mañá unha recepción aos dous remeiros medallistas no Campionato de España de Remo celebrado en Sevilla. Iker García Valle obtivo a medalla de prata na categoría xuvenil e Juan Lara Calonge conseguiu a de bronce en cadete. Ambos recibiron de mans do concelleiro de Deportes e do alcalde unha reprodución da Illa Pancha, realizada pola Asociación de Axuda ao Enfermo Mental A Mariña, ademais de senllos diplomas. Os medallistas estiveron acompañados neste acto polas súas familias.
O edil de Deportes, Jorge Díaz, dixo que “estamos aquí para despedir o ano e non podía ser con mellor cousa que dando o agradecemento da Concellaría de Deportes á área de remo, neste caso tanto a Iker como a Juan, que quedaron prata e bronce respectivamente, Iker en xuvenil e Juan en cadete, no Campionato de España celebrado en Sevilla”.
Díaz Freije agradeceulles “o esforzo de todo o ano e de todos estes anos, tanto a eles como aos pais e familiares, e a todos os que están involucrados neste deporte. Desde o Concello, como sempre, colaboramos en todo o que podemos e ata onde podemos chegar, e desde a miña área imos seguir facendo así. Este ano cambiamos un pouco os premios e son da Asociación de Axuda ao Enfermo Mental A Mariña para colaborar con eles porque o deporte tamén inclúe esforzo e colaboración”.
O alcalde ribadense, Fernando Suárez, subliñou no súa intervención que “non coñezo ningún club, nin creo que exista, onde desde o seu nacemento e nos poucos anos de vida, que tivera xente tan boa, tanto en masculino como en feminino, que fora dando resultados para eles, para o seu club e para Ribadeo”.
O rexedor dirixiuse aos deportistas dicíndolles que “é unha enorme honra recibirvos no Concello, onde moitas veces nos gusta que este salón de plenos non soamente sexa escenario de debates políticos arduos senón tamén que sexa escenario de momentos como este, de recoñecer na casa de todos, que é o Concello, a vosa actuación nesta faceta deportiva. Non vos esquezades dos estudios, é moi importante, mirade que isto pasa. Remaredes, ganaredes e seguramente vos recibiremos outra vez, pero non descoidedes os estudios, que é o máis importante”.
Xunto aos deportistas homenaxeados estiveron tamén o técnico de Deportes do Concello, Iván López, e o presidente do Club de Remo de Ribadeo, Miguel Balsa.
























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
