Viveiro, 17 de decembro de 2020.- O Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) A Mariña-Ortegal organizou un acto de recoñecemento aos colectivos de mulleres do mar do territorio, co obxectivo de poñer en valor a súa labor e dar unha maior visibilidade ás agrupacións e asociacións de mulleres do sector pesqueiro.
O acto comezou coa benvida de Alfredo Llano, Vicepresidente do GALP, que destacou o apoio do grupo ás iniciativas do sector pesqueiro en materia de igualdade de xénero. Susana Rodríguez, Directora Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, puxo de manifesto a importancia das mulleres na cadea mar – industria, no espírito asociativo de mariscadoras e redeiras, e no seu compromiso na defensa dos seus intereses. Jesús Fernández, Conselleiro do mar do Concello de Viveiro, destacou a importancia de desenvolver proxectos que dean maior visibilidade ao labor das mulleres do mar.
A voz das mulleres do mar foi representada por Mª Jesús Alonso, presidenta da Asociación de Redeiras Cabo Burela; Mª Luisa Loureiro, presidenta da Asociación de Redeiras de Cedeira; e Isabel Rodríguez, da Agrupación de marisqueo a pé da Confraría do Barqueiro. Entre as tres estableceron unha conversa sobre os avances acadados en termos de igualdade nos traballos que desenvolven,
lembraron a mulleres referentes do sector, e puxeron de manifesto os retos aos que se enfrontan ambas profesións, destacando a importancia de valores coma o asociacionismo, a cooperación, a resistencia e capacidade de superación das mulleres do mar fronte os obstáculos.
A directiva do GALP entregou un recoñecemento simbólico ás asociacións e agrupacións participantes no proxecto: Asociación de Redeiras Cabo Burela, Agrupación de marisqueo a pé da Confraría do Barqueiro, Asociación de Redeiras de Cedeira, Agrupación de marisqueo a pé da Confraría de Cedeira, e á Asociación de redeiras de Cariño. O GALP quixo agradecer ás participantes do proxecto as conversas e lembranzas que serviron de fío conductor para construír esta iniciativa da memoria colectiva das mulleres do mar na Mariña Ortegal.
Para rematar o acto, un cuarteto de corda formado por Juan, Zumela, Luis e Eva -intérpretes do Conservatorio de Viveiro- tocaron tres pezas musicais. A directiva do GALP agradeceu a entidade a súa participación neste acto, incidindo en que a súa presenza aportou ao peche do proxecto un toque moi emotivo.






















López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



