Burela, a 12 de decembro de 2020. “Que as instalacións deportivas municipais estaban totalmente abandonadas por parte do alcalde Llano e do concelleiro de deportes Fernández Rey, era un feito incuestionable, e esta semana quedou demostrado coa desfeita da cuberta da grada accesoria do campo municipal de fútbol da Marosa”, isto é o que afirman dende o PP burelés.
E aclaran, “este feito pasaría por un resultado das inclemencias do tempo, se non fora por que, o estado lamentable destas instalacións, é algo que dende o PP se leva a denunciar durante meses, tralas reunións feitas no seu día coa directiva da SD Burela”.
Os populares fan fincapé en que “a total falta de mantemento das instalacións municipais da Marosa por parte do alcalde, Don Alfredo Llano, e do seu concelleiro de deportes, Don Ramiro Fernández, fixo que, aquilo que se puido ter evitado, non se fixera provocando un novo absoluto desastre non só na súa xestión se non o que é peor, puido haber provocado un grave accidente tendo en conta a cantidade de rapaces que adestran no campo tódalas semanas”.
“Por certo, nada se sabe aínda da licitación da reparación estrutural da grada principal cando o seu proxecto xa está aprobado e a súa consignación orzamentaria asignada dende este pasado verán. Como ven di o alcalde Llano moitas veces… iso xa está feito”, indican dende o PP.
“Isto é un novo suma e sigue para o Sr. Llano e para o Sr. Fernández Rey, que a semana anterior demostraban, no pleno da corporación, a súa total falta de previsión e de traballo no referente ás instalacións deportivas dos centros educativos de Burela, instándose a eles mesmos, mediante unha moción presentada polo propio grupo socialista, a traballaren nesta dirección, algo que roza o ridículo da concepción de funcionamento político das corporacións municipais”, conclúen os populares.























López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
