Xermade, a 11 de decembro de 2020. O voceiro do Partido Popular de Xermade, Antonio Riveira, urxe ao goberno local “a dar solución o antes posible ao problema co alumeado público do núcleo de A Criba, na parroquia de Roupar, que deixou de funcionar dende fai uns días cando se conectou a instalación das luces de Nadal”. Os populares pídenlle explicacións ao goberno porque a instalación das luces decorativas de Nadal foi contratado a outra empresa distinta da que fai o mantemento do alumeado público. De feito, preguntan “se a empresa responsable do mantemento do alumeado público coñece a situación xerada”.
O popular lamenta que “non estea a funcionar neste lugar nin o alumeado público nin tampouco aos puntos do alumeado instalado con motivo das festas de Nadal” e apunta que “o problema se pode deber á nova instalación de alumeado provisional”.
O voceiro popular adianta que o Grupo Municipal do PP preguntará no vindeiro pleno polos detalles da instalación do alumeado de Nadal. Nese sentido, o documento recolle preguntas sobre o contrato e a empresa á que o goberno local contratou o alumeado de Nadal ou o coste da instalación, entre outras cuestións.





















O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



