Lugo, 14 de decembro de 2020. O grupo provincial do PP reclama do goberno da Deputación, presidido polo socialista José Tomé, que corrixa a inexplicable ausencia, de novo, no orzamento da institución para o próximo ano de axudas ás distintas cofradías de pescadores da provincia. O portavoz provincial dos populares, Javier Castiñeira di: “Pedimos ao goberno da Deputación que solvente este déficit, que traballe directamente cos patróns maiores e busque unha solución para corrixir este grandísimo erro que hai nos orzamentos para o ano 2021, que é unha falta absoluta de apoio as cofradías da provincia de Lugo”.
Castiñeira explica: “Traballando sobre os orzamentos do ano 2021, aprobados recentemente, o grupo provincial do PP constata que non figuran subvencións nominativas para as cofradías de pescadores da provincia de Lugo. Hai varios anos si tiñan unha subvención de 3.000 euros, unha cantidade que o PP consideraba moi escasa sabendo o importante que é este sector para a provincia”.
O portavoz popular sinala: “Para o 2021 só figuran 18.000 euros para a Federación de Cofradías, cantidade absolutamente insuficiente. A pesca é un sector moi importante para a provincia de Lugo; temos dous dos portos máis importantes do Cantábrico (Burela e Celeiro), pesqueiras moi importantes como a do bonito e a pescada, tamén o arrastre, a baixura, o cerco… É penosa a falta de compromiso da Deputación de Lugo co sector do mar, que é o gran esquecido por este organismo”.
Javier Castiñeira declara: “Non hai máis que mirar para o lado, por exemplo para a Deputación da Coruña, que aporta 160.000 euros para todas as cofradías, ou a de Pontevedra, con 240.000 euros. Ese o compromiso que teñen as deputacións costeiras de Galicia e, a que menos, a de Lugo”.
O portavoz do PP sinala: “Hai uns anos aínda se facía un pequeno xesto; non chegaba para moito, porque 3.000 euros para unha cofradía non daban para moito, pero axudaban; agora a aportación é cero: única e exclusivamente se limita á axuda á Federación de Cofradías”
.


















A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



