Viveiro, 25 de xaneiro de 2021. A Concellaría de Cultura do Concello de Viveiro organiza este ano un desfile dixital de disfraces co obxectivo de manter viva a tradición do entroido no municipio.
Por este motivo, e baixo o lema ‘Entroido na casa, verán na praza? (Fagámolo posible)’, o goberno municipal de Viveiro convida á veciñanza a participar subindo un vídeo co seu disfrace a www.viveiroentroido.com
“A situación epidemiolóxica impide a celebración do tradicional desfile de disfraces e carrozas, pero o entroido de Viveiro é unha das citas do ano e non queremos perdela, necesitamos ademais motivos para sorrir e pasar un bo rato”, asegura María Loureiro, alcaldesa de Viveiro.
O concurso dividirase en dúas categorías xerais, infantil e adulto, con tres subcategorías por cada unha: individual, parella e grupo. Haberá tres premios para gastar no comercio local de Viveiro (primeiro, segundo e terceiro) por cada subcategoría, e ademais premiaranse o disfrace máis divertido e mailo máis orixinal. Nestes dous últimos casos, decidirá o certame o voto da veciñanza, mentres que nos anteriores será un xurado quen elixa os gañadores.
A votación do disfrace máis divertido e mailo máis orixinal farase igualmente a través da aplicación web viveiroentroido.com. O Concello informará da apertura do prazo. O Concello concreta que, no tocante aos premios aos mellores grupos, será eliminada do concurso calquera agrupación participante que incumpra as medidas decretadas para conter o coronavirus.
Deste xeito, de gravar unha peza no mesmo espazo, as persoas deberán ser necesariamente conviventes. Outra posibilidade é que os grupos interesados en participar con varios membros de unidades familiares diferentes, graven cada núcleo desde a súa vivenda unha parte do vídeo para finalmente unilas todas e entregar unha peza audiovisual común, ben cun fío conductor se hai algún tipo de ‘performance’ ou ben cunha homoxeneidade na temática do disfrace. O goberno local fai fincapé en que quen non atenda a normativa sanitaria non poderá participar.
“Trátase dunha iniciativa para non perder a tradición, para manter vivo algo tan noso como o Entroido a pesar de todas as complicacións”, precisa a concelleira de Cultura, Lara Fernández, que avanza que “a finais do mes avanzaranse as datas nas que se poderá participar”. As datas para subir os vídeos así como as das votacións, as contías dos premios ou as características dos videos participantes serán comunicadas en breve a través da publicación das bases.
























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



