Santiago de Compostela, 19 de xaneiro de 2021. A Xunta de Galicia amosa a súa máis absoluta oposición á decisión unilateral anunciada por Endesa de pechar a central térmica das Pontes. O Goberno galego lamenta que a compañía tome esta decisión sen contar co resto de integrantes que conforman a mesa de traballo que está a buscar solucións para esta comarca. Neste sentido, trátase dunha decisión que a empresa adopta aproveitándose dunha transición enerxética inxusta, caótica e desordenada que está levando a cabo o Executivo central.
Despois de dez meses nos que a través dun grupo técnico –no que están presentes todas as administracións e no que a Xunta participa a través do Inega– se están buscando alternativas industriais que fagan viable a planta desde o punto de visto técnico, medioambiental e económico, Endesa vén de rachar con todos os compromisos adquiridos e anuncia o peche da central antes incluso de presentar o informe coas conclusións das probas con biocombustibles. Por este motivo, o Goberno galego rexeita tanto a decisión como a falta de respecto institucional e con Galicia que acaba de amosar Endesa. Non se pode consentir que adopte esta decisión transcendental para o futuro desta comarca de forma unilateral.
As Pontes, os traballadores da central térmica e da industria auxiliar, e os camioneiros non se merecen o peche da planta. Trátase dunha decisión nefasta. Por este motivo, a Xunta de Galicia solicita ao Goberno que convoque canto antes a mesa das Pontes para que a empresa explique esta decisión e se poidan avaliar polo miúdo por parte dos técnicos as conclusións do seu informe. Cómpre lembrar que as últimas informacións apuntaban a que, segundo os resultados das probas con biocombustibles, a planta podería ser viable desde o punto de vista técnico e medioambiental, polo que o anuncio de hoxe é aínda máis incomprensible.
A Xunta de Galicia seguirá loitando da man dos traballadores para que As Pontes teña o futuro que se merece e impedir que as escusas ofrecidas hoxe por Endesa –amparadas nesta transición enerxética caótica que está poñendo en perigo miles de postos de traballo na Comunidade– lle sirvan para pechar a planta.
Desde a Administración autonómica seguiremos da man dos traballadores das Pontes defendendo os seus empregos e colaborando como ata agora na busca dun futuro industrial que garanta a viabilidade da planta.



















A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
Ocorreu escasos minutos despois das 15 horas deste domingo, e foron recollidos pola embarcación Salvamar Shaula, de Salvamento Marítimo. Atopábanse subidos a unha balsa inchable na praia de Basteira, na Pedra (Cariño), foron arrastrados pola corrente e eran incapaces de retornar á beira. Dúas persoas metéronse na auga tratando de rescatalos, sen éxito. Ao final, a embarcación de rescate de Salvamento Marítimo recolleu aos menores e levounos ilesos ata o porto de Cariño. Ademais de a Salvamento Marítimo, desde o 112 Galicia informouse ao Servizo de Gardacostas de Galicia e aos axentes da Garda Civil.
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).



