A Constitución e a Lei Xeral penitenciaria española recoñecen que o reisertamento social dos penados é a principal finalidade da pena. O Estado español, con case 60.000 persoas presas, ten unha das maiores poboacións penitenciarias europeas cun dos seus menores índices de criminalidade. Por outra banda, Michelle Bachelet, Alta Comisaria das Nacións Unidas para os Dereitos Humanos, denunciaba xa en marzo de 2020 o agravamento, por mor da Covid-19, das condicións hixénicas e penitenciais dos cárceres do mundo, suprimindo toda caste de visitas, actividades comúns e contactos co exterior e pedía avanzar na excarcelación das persoas presas que non presentasen un perigo evidente.
Por se non fose abondo coas penas de cárcere (e de cárcere substitutiva da multa para persoas insolventes), os Xulgados de instrución españois adoitan decretar encarceramentos preventivos pouco xustificados, sen interpretar a xeito a doutrina constitucional a respecto da lexislación de axuizamento criminal Nesta teima, amplos sectores da ciudadanía lles outorgan o seu apoio. Non sempre sectores exclusivamente conservadores, reaccionarios ou extremistas de dereita, senón tamén sectores vencellados a opcións progresistas e a sensibilidades feministas e mesmo ecoloxistas. Sen se decatar, nestes últimos supostos, que máis cárcere e máis represión só agrava os problemas sociais, económicos e políticos que xeran os delictos.
Mais dentro do cárcere hai outra cárcere. Da devandita poboación penitenciaria case 2000 persoas en todo o Estado enfrontan medidas, moitas veces ilegais, de isolamento ou confinamento penitenciario, sen posibilidade de partillar nos xantares colectivos e botando moitas veces máis de 20-22 horas illadas no cárcere, malia as directivas da Alta Comisaria das NN.UU. que predica a abolición ou restrición desta caste de sanción penitenciaria dende o 2004. Esta caste de sancións, alén diso, haberían durar canto máis catorce días, mais adoitan alongarse no tempo.
A organización galega pro dereitos humanos Esculca, en coordinación con outras organizacións do resto do Estado, desenvolve unha potente campaña para rematar con estes abusos. Para remataren ou, polo menos, reduciren ao mínimo o uso do isolamento provisional, da coerción mecánica e máis da forza física como castigos ou medidas de seguranza.
Nun réxime de democracia liberal as persoas poden ser condenadas, mais nunca privadas da súa dignidade persoal e dos dereitos non atinxidos pola súa condena. Nunha democracia liberal haberíamos traballar para reducirmos o uso do cárcere (e moito máis do cárcere dentro do cárcere) como única vía para sermos persoas e reinsertarmos aos que nalgún momento fallaron ou fallamos.


















A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



