Ribadeo, a 26 de xaneiro de 2021. O voceiro do grupo municipal popular de Ribadeo, Daniel Vega, destaca a inversión da Xunta de preto de 40.000 euros para a rehabilitación e reforma interior da praza de abastos de Ribadeo. Trátase dunha achega da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader) que ten como obxectivo a mellora dos mercados de proximidade e as súas infraestruturas.
A intervención permitirá mellorar a comodidade, accesibilidade e seguridade dos praceiros e usuarios da praza de abastos; así coma a eficiencia enerxética. Vega explica que “as actuacións previstas inclúen a mellora do pavimento, a adecuación da iluminación interior, a mellora dos aseos, desaugadoiros, rede de saneamento e da sinalización no interior da praza de abastos”.
O popular incide no apoio da Xunta que “permite mellorar instalacións municipais de Ribadeo e, concretamente, dálle un impulso á praza de abastos”. Ademais, engade que “seguiremos colaborando directamente cos praceiros”, apoiando os nosos produtos de proximidade e tamén “mellorando pasiño a pasiño a nosa praza de abastos, un espazo emblemático para Ribadeo”.





















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



