Madrid, 20 de xaneiro de 2021. O Bloque Nacionalista Galego, ante o anuncio de ENDESA de pechar definitivamente a central térmica das Pontes, insta o Goberno español a dar unha solución industrial alternativa de forma urxente e que impedir o pechamento da planta sen antes garantir un futuro económico e industrial de toda a comarca de Ferrol e o mantemento dos postos de traballo.
O portavoz do BNG no Congreso, Néstor Rego, declarou que “o informe feito público por ENDESA no que considera inviábel utilizar como combustíbel na central térmica das Pontes a mestura de biocombustíbeis e carbón, supón que descarta unilateralmente e sen diálogo de ningún tipo prolongar a vida da instalación, confirmando o pechamento que xa anunciara en 2019”. O BNG móstrase preocupado desta decisión que afecta a máis de 2.000 persoas, “pois da planta dependen moitos outros postos directamente vinculados como son os transportistas de carbón, o persoal de empresas auxiliares, as e os traballadores do porto de Ferrol, e todo o tecido empresarial da comarca que dependen da actividade da central e da súa cadea de provedores” sinalou o deputado.
Néstor Rego critica que este anuncio “pon de manifesto o escaso interese que tanto o Goberno central como galego tiveron neste proceso, cando fai só unhas semanas desde as administracións seguía a falarse da viabilidade dos biocombustíbeis e a posibilidade de manter aberta a planta”. Ademais considera inaceptábel que pasaran máis de seis meses sen convocar reunión da Mesa de Futuro para As Pontes, na que participan a Xunta de Galiza, Endesa, o Concello das Pontes, os portavoces dos colectivos afectados, os transportistas e os sindicatos, en representación dos traballadores auxiliares da central térmica galega. “Mesa coa que a empresa non contou antes de facer públicas as súas conclusións e a súa intención de peche definitivo” subliñou.
Por esta razón, o deputado Néstor Rego solicitou convocar de forma inmediata a Mesa das Pontes para analizar o informe feito público pola empresa e acordar as medidas necesaria para garantir a actividade industrial, o mantemento dos postos de traballo e unha verdadeira transición xusta para a comarca de Ferrol. “É máis urxente que nunca ofrecer un Plan de Transición Xusta real e efectivo para As Pontes, dotando á comarca dun proxecto industrial alternativo” destacou. Para a formación nacionalista o Goberno Central non pode consentir que ENDESA peche sen dar unha alternativa e debe garantir unha transición enerxética que permita manter a actividade industrial e os postos de traballo.
Rego lembrou que fai tan só uns días outra empresa, SIEMENS- GAMESA, anunciou o traslado da súa planta das Somozas a Portugal, onde os seus custos de produción son menores, “o que sumado ao xa anunciado peche de ENDESA, que agora volve confirmarse, supón a total desindustrialización da comarca, pero desde o Goberno segue sen darse solucións concretas que o eviten” salientou.
“É máis necesario que nunca que de forma urxente o Goberno do Estado interveña para ofrecer unha solución de futuro para As Pontes e toda a comarca de Ferrol, que se comprometa con lograr unha verdadeira transición enerxética xusta” subliñou o deputado Néstor Rego.




















O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.



