Barreiros, 17 de xaneiro de 2021. Aínda que desde o momento que tivo coñecemento do contacto se autoconfinou na súa vivenda sen contactos, e desde o mércores non foi ao concello, por prevención mañá permanecerán pechadas as oficinas xerais, onde tivo contacto esta semana. Procederase a realizar unha desinfección a fondo, quedando abertas a partir do martes para rexistro e atención, fundamentalmente telefónica. O resto de servizos das persoas que non tiveron contacto seguirán funcionando con normalidade.
Procederase a realizar un cribado entre o persoal que tivo contacto para descartar contaxios e, en función dos resultados, retomarase a actividade paulatinamente e sempre priorizando a saúde.
Reiteramos a necesidade de adoptar todas as medidas de seguridade, porque aínda así, a posibilidade de contaxio sempre está.
A alcaldesa fai unha chamada á tranquilidade, xa que o Concello e o Sergas estableceron todas as medidas para frear a posible propagación e pide que se reduzan ao máximo as xestións presenciais no concello, utilizando os medios telefónicos ou telemáticos. Sinala igualmente que nestes días a atención estará feita por moi pouco persoal ata recuperar a normalidade polo que agradece xa por adiantado a paciencia e comprensión das persoas que poidan ter esperas na atención.
O Concello de Barreiros permanecerá pechado este luns polo positivo en coronavirus da Alcaldesa
![O Concello de Barreiros permanecerá pechado este luns polo positivo en coronavirus da Alcaldesa](https://www.cronica3.com/wp-content/uploads/2021/01/AE.png)
O Concello de Barreiros permanecerá pechado este luns polo positivo en coronavirus da Alcaldesa
Relacionado
-
Segue aberto o prazo para matricularse no Centro de Formación e Experimentación Agroforestal Pedro Murias
-
O PP pide desde Foz que a Deputación poña en marcha un plan de apoio aos Concellos da provincia para a xestión do ciclo da auga
-
Galdo contará con 27 novas suxeicións nos colectores de lixo para mellorar o servizo