
Foto de arquivo
Burela, 30 de decembro de 2020. O concelleiro de Deportes, Ramiro Fernández Rey, anunciou que foron adxudicadas as obras da primeira fase de renovación do valado do campo de fútbol de herba artificial. Terán un custe de 38.000 euros e serán realizadas pola empresa local Construcións Cazás. O edil fixo un balance moi positivo da aposta realizada polo Concello nas instalacións deportivas ao longo dos últimos catro anos, nos que o investimento ascendeu a medio millón de euros. Fernández Rey agradeceu a colaboración da Deputación de Lugo e subliñou que a Xunta non puxo nin un euro.
O responsable de Deportes no Concello de Burela dixo que “se adxudicou, no día de onte, a primeira fase da renovación do valado no campo de herba artificial de Burela. Estaba en moi mal estado e necesitaba unha reposición. Adxudicamos ese contrato a unha empresa do pobo, que é Construcións Cazás, por un importe de 38.417´50 euros. É unha inversión importante, pero non vai quedar aquí. Nunha segunda fase, que esperamos adxudicar nos seguintes días, imos renovar a outra parte do valado, que conta cunha inversión de máis de 50.000 euros e que ten a colaboración da Deputación Provincial de Lugo, á que queremos agradecerlle ese esforzo económico que está facendo co Concello de Burela e particularmente coas instalacións deportivas da Marosa, posto que xa ten feito moita inversión aquí neste ámbito. E o Concello non ten máis que agradecer todo ese esforzo inversor que está facendo a Deputación Provincial nas instalacións da Marosa”.
Ramiro Fernández tamén anunciou que “nos próximos días abrirase xa a licitación da construción ou a renovación da grada do campo de fútbol da Marosa, unha grada que polas inclemencias meteorolóxicas necesitaba unha renovación. Quero pensar que na próxima semana xa sacamos a adxudicación desa obra, que conta cunha inversión de máis de 240.000 euros. Estamos falando dunha inversión importantísima e que vai facer o Concello. Era un investimento que necesitábamos e quero destacar o importante montante económico que supón esa inversión para o Concello”.
O edil burelés subliñou que “todas estas inversións das que estamos falando, máis as que se teñen feito nestes últimos catro anos, como poden ser os vestiarios do campo de fútbol, a renovación da iluminación do campo de herba artificial, a renovación da iluminación da pista de tenis, a renovación do peche da pista de tenis e a renovación da iluminación da pista de pádel así como o solo, significan unha aposta moi importante por parte deste equipo de goberno polas instalacións deportivas e particularmente na Marosa. Penso que é de destacar esta inversión histórica nestes últimos catros anos. Nunca houbo ningunha administración que metera tal cantidade de cartos nestas instalacións deportivas e creo que é de agradecer, eu como concelleiro de Deportes, ao alcalde a aposta tan decidida que ten polo deporte, e penso que os clubs deben estar agradecidos, neste caso a Sociedade Deportiva Burela, de que o Concello aposte tan potentemente por estas instalacións”.
O concelleiro de Deportes lembrou que “estes últimos días, a raíz destes temporais, levantouse o teito dunha das gradas do campo de fútbol que sufriu danos importantes. Estamos xa traballando na realización dun proxecto para arranxar estas deficiencias. Falamos tamén dunha inversión que vai superar os 15.000 euros e penso que hai que destacar a axilidade, neste caso da oficina técnica, en realizar o proxecto e esperemos que nas próximas semanas poidamos sacalo para adiante”.
Fernández Rey engadiu que “en toda esta inversión da que estamos falando hai máis de medio millón de euros nos últimos catro anos, co cal xa nos facemos unha idea da importancia que teñen as instalacións deportivas para este equipo de goberno. Medio millón de euros nos que o Concello apostou firmemente, repito que a Deputación Provincial tamén botou unha man moi importante e desgraciadamente a Xunta de Galicia non puxo un so euro en toda esta inversión. Tivemos contactos coa Xunta e co Xefe Provincial de Deportes, particularmente nos casos da grada e do cerre perimetral, entendo que non é unha decisión persoal, pero tampouco tivemos unha resposta afirmativa para apoiar estes dous proxectos. A Xunta de Galicia, nestes últimos catro anos, non puxo un so euro nestas instalacións deportivas. Penso que hai que destacar o apoio do Concello de Burela para todas estas instalacións e tamén da Deputación Provincial de Lugo”.
E insistiu en que “seguiremos apostando polas instalacións deportivas e polo deporte de Burela. O movemento demostrase andando e aí están os cartos e as inversións. Xa digo que, nas próximas semanas, imos anunciar a licitación da segunda fase do peche do campo de herba artificial e a renovación da grada do campo de fútbol, que están nos trámites administrativos”.





















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.
