Foz, 27 de xaneiro de 2021. O alcalde de Foz, Fran Cajoto, anuncia as medidas que adopta o Concello tralas restricións impostas polo goberno da Xunta de Galicia na orde do 26 de xaneiro de 2021. Entre elas están a supresión de taxas para establecementos hostaleiros, como as das terrazas ou da recollida de lixo, e o peche de instalacións municipais.
O rexedor municipal explica que “Foz continúa con 10 casos positivos en COVID-19 diagnosticados nos últimos 14 días, 2 menos que na xornada anterior. De todos formas no Concello de Foz somos consecuentes coas normas e disposicións adoptadas polas outras administracións, neste caso pola Xunta de Galicia, que é quen ten as competencias”.
Así, o alcalde anuncia a suspensión das xornadas gastronómicas imPULSA Foz, que comezaron a semana pasada. “Organizamos estas xornadas como un impulso á hostalería local, poñendo o acento no consumo responsable nos nosos establecementos e axudando a bares, restaurantes e comercios con 2.000 euros en vales canxeables en establecementos de Foz. Este mércores día 27 fíxose o primeiro sorteo, de 500 euros en 10 vales de 50 euros. Sen embargo dadas as novas restricións e o peche obrigado da hostalería, debemos ser consecuentes e proceder á suspensión temporal da campaña”, engade Fran Cajoto.
Ademais o alcalde destaca: “de tódolos xeitos seguiremos actuando de forma responsable e apoiando sempre ao tecido comercial local porque son moitas veciñas e veciños, autónomos e pequenos empresarios, que viven do sector servizos. Tódalas nosas accións van encamiñadas a apoiar e potenciar a actividade comercial, sempre de forma responsable pola persistencia da enfermidade. En verán fomos dos poucos ou case o único concello que fixemos pequenas actuacións musicais na rúa, tamén levamos o cine ao exterior, continuamos con diversas campañas como o imPULSA Foz e coa actividade cultural cunha programación moi completa de teatro e outras actividades. Non queremos esquecer tampouco a exención de taxas que se fixo no anterior peche obrigado do mes de marzo de 2020. É por iso que procederemos de igual xeito que no Decreto de Alcaldía de data 26/04/2020 durante o período de peche, suprimindo taxas como as terrazas ou a recollida de lixo, neste caso previa solicitude”.
Cajoto indica tamén que “o que non vamos permitir desde o Concello son demagoxias ou populismos nesgados e malintencionados. Estamos a ver como desde o Partido Popular de Foz se nos piden axudas de medio millón de euros, supresión de taxas e ao mesmo tempo arranxos de rúas que levan moitos anos en mal estado, da época na que estaban gobernando. Estamos a facer un traballo serio e rigoroso, actuando onde nos permiten as leis e sendo consecuentes cos nosos actos. Non é de recibo que se pretenda, coa que está caendo, disfrazar a realidade e pretender que se invista o que non se fixo en 8 anos e con menor recadación, co agravante de deixar un concello cuns gastos comprometidos maiores ca nunca. As administracións debemos ser leais as unhas coas outras: eu persoalmente non comparto moitas das medidas para atallar o COVID-19 pero acátoas. Non é xustificable que, sen ningún tipo de acordo ou conversa mínima, a Xunta fale en nome dos concellos para cofinanciar unhas supostas axudas ou fondos, con tres das catro deputacións en contra. Estas actitudes xeran malestar e desconfianza, nuns momentos difíciles nos que todos debemos sumar e traballar de forma conxunta”.
O alcalde de Foz anuncia tamén a publicación dun bando coas medidas a adoptar conforme a orde do 26 de xaneiro da Xunta de Galicia, no que se informa a todas as veciñas e veciños de que permanecerán pechadas distintas instalacións como a Escola de Música, piscina, museo da Basílica, Pavillón de Marzán, Campo de fútbol de Malates, Pistas de tenis e pádel de Marzán e outros de usos múltiples. Os parques infantís e zonas deportivas ao aire libre permanecerán abertos pero con aforo máximo conforme á cartelería disposta.






















A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
Cada participante pode presentar unha única fotografía, en papel e formato dixital, seguindo as bases dispoñibles na web da Deputación. A celebración do aniversario inclúe actividades como a Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares, unha xornada micolóxica e un obradoiro de rescate na montaña, ademais doutras propostas ambientais e divulgativas nos próximos meses.
Dez minutos antes das 21:30 horas do xoves, o 112 Galicia foi informado polo persoal de Adif dun tren detido no medio dun túnel en Mogor, Mañón, debido a unha chapa metálica no medio da vía. Así, aínda que as doce persoas que viaxaban a bordo estaban ilesas, precisaban medios de rescate para baixalas do convoi e desprazalas ata o apeadeiro máis próximo. Nestas tarefas colaboraron a Garda Civil, os Bombeiros do Eume, o GES de Ortigueira e os voluntarios de Protección Civil de Mañón. Finalmente, as persoas foron rescatadas e evacuadas a outro tren, que as levou ata o apeadeiro sen maiores complicacións. Desde alí, continuaron a súa viaxe en taxi.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.



