Viveiro, 20 de xaneiro de 2021. O Concello de Viveiro anuncia que o próximo luns, 25 de xaneiro, entrará en vigor a ordenanza sobre a regulación do tráfico no casco antigo do municipio. Dita ordenanza fora aprobada polo pleno da corporación o pasado 1 de decembro de 2020.
Coa entrada en vigor de dita ordenanza, as entradas e saídas ao casco antigo realizaranse polas rúas referidas no plano axunto. Así, as rúas Maruxa Mallo e Irmáns Vilar Ponte serán os principais puntos de entrada e saída ao casco antigo.
Este mapa tamén figurará no reverso dos Distintivos de Acceso Restrinxido. A veciñanza poderá solicitar estes distintivos nos seguintes supostos:
Usuarios de garaxes (Distintivo G).
Titulares de establecementos comeciais (Distintivo EC).
Servizos de distribución e reparto (Distintivos D e DP).
Mercado semanal (Distintivo M).
Acceso a persoas con dificultades de mobilidade temporal ou definitiva (Distintivo MR).
Servizos esencias para a comunidade (Distintivo S).
Residentes (Distintivo R).
Empresas de servizo de comida rápida, reparto asistencial de comida a domicilio, reparto urxente de medicinas (Distintivo RR).
Obras (Distintivo O).
Eventos e celebracións (Distintivo EV).
Autorizacións extraordinarias (Distintivo EX).
A partir do 25 de xaneiro, o Concello de Viveiro habilitará un modelo de solicitude que estará dispoñible no Rexistro Municipal, na sede electrónica e na páxina web do concello. Tamén se indicará a documentación que se deberá achegar en cada suposto.
Dende o Concello de Viveiro informan que as solicitudes de acceso ao casco tramitaranse no menor tempo posible, pero recordan que teñen que expedirse de novo todos os permisos de acceso, o que levará un certo tempo.
Ademais, o goberno municipal traslada que, nas primeiras semanas, a Policía Local realizará unha labor de información e concienciación para a adaptación íntegra ao establecido nesta ordenanza.
Dende o Concello de Viveiro pregan aos interesados/as que soliciten os Distintivos de Acceso Restrinxido o antes posible e que leven consigo a copia da solicitude cando circulen polo interior do casco antiguo, mentres non dispoñan da autorización e do distintivo. Ademais, o goberno local recorda que se deben cumprir os requisitos establecidos na ordenanza, tanto en materia de horario como en tempo de permanencia, así como outras cuestión reguladas na mesma.
Por último, as cotas tributarias polo acceso ao casco antigo, establecidas nunha das ordenanzas fiscais, non se adecúan aos supostos da nova ordenanza. Polo tanto, dende o goberno local informan que será necesario elaborar unha nova ordenanza fiscal.

























O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.



