Viveiro, 20 de xaneiro de 2021. O Concello de Viveiro vén de decretar as medidas necesarias para adaptar os servizos municipais ao establecido na Orde e no Decreto publicados no día de onte pola Xunta de Galicia, mediante os que se aplican a este concello o nivel de máximas restricións.
En virtude do mesmo e a maiores das medidas e limitacións que xa viñan sendo de aplicación, o Concello de Viveiro acordou:
– O peche ao público e a suspensión total das actividades do Teatro Pastor Díaz.
– O peche ao público da biblioteca municipal.
– O peche da oficina de turismo.
– O peche das instalacións deportivas municipais (campos de fútbol e pavillóns).
– O peche dos centros socioculturais e locais sociais municipais.
– En todos os espazos públicos de titularidade municipal prohíbese a permanencia de grupos de persoas non conviventes. Esta limitación non será aplicable no caso de actividades laborais, institucionais, empresariais, profesionais, sindicais, de representación de traballadores e administrativas, actividades en centros universitarios, educativos, de formación e ocupacionais, sempre que se adopten as medidas previstas nos correspondentes protocolos de funcionamento. Esta limitación tampouco será de aplicación ás actividades que conten cun aforo específico, a excepción de que expresamente se contemple tal limitación.
Lémbrase, ademais, que se mantén o peche da piscina municipal, dos baños e parques públicos e a suspensión das actividades deportivas, culturais, congresos, conferencias, reunións, ou calquer outro tipo de evento ou actividade que estivese previsto levar a cabo en instalacións municipais, quedando tamén anuladas ou suspendidas as autorizacións e cesións de uso de locais, instalacións ou espazos municipais con efectos para o período de vixencia desta suspensión. Mantense así mesmo pechada, por prevención, a Escola Infantil Municipal, na que deron negativo todas as probas realizadas na aula que permanece confinada.
Por outra banda, cómpre sinalar que segundo o establecido na Orde de Sanidade a hostelería e restauración permanecerá pechada ao público e poderán prestar exclusivamente servizos de entrega a domicilio ou para a súa recollida no local. A entrega a domicilio poderá realizarse ata as 24.00 horas.
Entre as actividades que tamén permancerán pechadas destacan as actividades culturais, sociais, deportivas, de ocio e entretemento; os cines; os ximnasios; establecementos de actividades recreativas ou centros de lecer infantil.
As novas medidas e limitacions establecidas pola Xunta de Galicia non afectarán ao comercio, que pode permanecer aberto co aforo limitado ao 50%. Da mesma maneira, mantense a celebración dos mercados que teñen lugar no Concello de Viveiro coas restricións vixentes na actualidade.
Finalmente, lémbrase que se continúa mantendo o peche perimetral e o toque de queda ás 22.00 horas.
Dende o goberno municipal pídese os veciños e veciñas de Viveiro a máxima prudencia e o estrito cumprimento das medidas establecidas para superar o antes posible esta complicada situación.
Por outra banda, A alcaldesa, María Loureiro, asistiu este mércores á reunión por videoconferencia convocada polo conselleiro de Sanidade da Xunta, Julio Garcia Comesaña, en relación coa situación epidemiolóxica actual e as novas medidas que veñen de adoptarse.
No caso de Viveiro, hai a día de hoxe un total de 266 casos, polo que leva tres días cunha lixeira melloría.
Dende o goberno municipal demandan que se cumpran estritamente todas as medidas establecidas; dende o Concello de Viveiro continuarase velando para que estas se cumpran e, unha vez máis, apélase á prudencia e precaución para poder frear a cadea de contaxios e superar esta situación.
























O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.



