Lugo, 1 de xaneiro de 2021. A Deputación de Lugo mantén despregado un dispositivo composto por 96 operarios e 48 equipos para favorecer a circulación e a seguridade na rede viaria provincial e atender as posibles incidencias que se produzan durante o temporal de neve previsto para os primeiros días deste ano 2021 a partir de cotas de 600 metros de altitude.
O dispositivo traballa este venres, dende primeira hora da mañá, en 80 estradas que discorren por 13 municipios da Montaña e da zona sur da provincia: Baleira, Becerreá, Folgoso do Courel, A Fonsagrada, Cervantes, O Incio, Navia de Suarna, Negueira de Muñiz, As Nogais, Pedrafita do Cebreiro, Quiroga, Ribas de Sil e Samos. Nas vías destes municipios transítase con dificultade polas intensas nevadas das últimas horas, que chegaron a provocar espesores de entre 5 a 15 centímetros, ademais de placas de xeo.
Os concellos máis afectados pola neve son Folgoso do Courel, Pedrafita do Cebreiro e Cervantes, sendo aconsellable nas estradas destas localidades o uso de cadeas en todos os vehículos que non sexan todoterreo.
O dispositivo de seguridade mobilizado pola Deputación está formado por 96 operarios, 20 máquinas quitaneves con saleiro, 16 pick up con saleiro e cuña quitaneves, e 12 vehículos todoterreo de apoio. Así mesmo, os 12 silos de sal da Deputación dispoñen de 35 toneladas cada un para conseguir desfacer as placas de xeo que hai no firme e favorecer así a seguridade dos usuarios e usuarias das vías.
A Deputación de Lugo recomenda á cidadanía consultar as prediccións meteorolóxicas antes de calquera saída e extremar todas as precaucións.
As estradas provinciais afectadas polo temporal de neve na xornada deste venres son as seguintes:
– Baleira: LU-P- O401, de Corveira, por Corneas a Restelo; LU-P- 0405, de Fonteo a Lastra; LU-P-0407, de Fontaneira por Vilar Dos Adrios. Todas con cadeas.
– Becerreá: LU-P-0704, de Cereixal por Penamaior á escola de Alta Montaña; LU-P-0707, de Armesto por Tores a As Nogais; LU-P-0708, de Cereixal a Louxas; LU-P-6221, de Triacastela polo Alto de Albela a Guilfrei; LU-P-0702, da estrada de Becerreá a Navia, por San Román de Cervantes a Degrada.
– Folgoso do Courel: LU-P- 1301, de Seoane do Courel a Pedrafita; LU-P-1303, de Seoane por Visuña a Ferramulín; LU-P-1304, de Mostad por Romeor a Casares; LU-P-1305, de Campa por Vilar a Alto do Boi; LU-P-1306, da LU-651, en Megoxe a Herrería do Incio; LU-P-4501, de Poio, por Louzarela e Teixeira á estrada de Samos a Caurel e o acceso a Meiraos; LU-P_4701, da Pobra do Brollón, por Parada dos Montes; LU-P-4505, do Poio por Louzarela a Teixeira; LU-P-5004, “de Cruz de Outeiro por Seara a Ferramulín; LU-P-5601, de Samos a Caurel e Rampa a Santa Mariña. Todas con cadeas.
– A Fonsagrada: LU-P-1906, de Pedrafitelas por Vilares aos Cangos; LU-P-3601, de Acebo a Negueira de Muñiz; LU-P-1901, de Fonsagrada a Navia; LU-P-4606 e a LU-P-4811.
– Cervantes: LU-P-1401, de LU-723, por Degrada e Piornedo ao límite provincial; LU-P-1404, de San Román a Quindós; LU-P-1405, de Campa da Braña a tres obispos; LU-P-1411, de Vilanova a Portelo; LU-P-1412, de Quindos a Robledo, en Pena do Santo a Setecarballos; LU-P-0702, de San Román de Cervantes a Degrada; LU-P-1401, de Doiras a Piornedo ao límite provincial; LU-P-1402, de San Martiño da Ribeira por Quindous a Vilaquinte; LU-P-1403, de Vilanova a Santa María; LU-P-1404, de San Román a Quindous; LU-P-1406, dos Prados a Trabado; LU-P-1407, de Bolois a Vilanova; LU-P-1408, de Fonquente a Noceda; LU-P-1409, de Quindous por Vilar a Robledo; LU-P-1410, de San Martiño da Ribeira por Couso a LU-P-1404; LU-P-1411, de Vilanova por Vilapún a Vilaspasantes; LU-P-1412, de Pena do Santo a Setecarballos; LU-P-3505, de Navia por Vilaquinte a Donís; LU-P-4504, de Pedrafita a Portelo.
– O Incio: LU-P-2505, de Foilebar, por Lamarredonda a Aira Padrón; LU-P-1306, de Megoxe a Ferrería do Incio; LU-P-2501, de San Amaro por Rubián de Cima a Cervela; LU-P-2502, de Polvoreiro a Ferradal; LU-P-2503, do Incio a Foleibar ata a LU-P5603:LU-P-2504, de Cortellas a Cabanas; LU-P-4706, de Pacios de Veiga por Canedo a Santa Cruz do Incio; LU-P-5711, da LU-642 por San Martiño de Loureiro ao Val do Mao e Souto; e LU-P-2507, de Saa por Cereixido a Freixo.
– Navia de Suarna: LU-P-3501, de Paradela ao Alto do Restelo; LU-P-3502, de Muñis a Rao; LU-P-3508, de Rao por Murias a Balouta; LU-P-3505, de Navia por Silvouta; LU-P-3509, de Navia ao alto de Labiadas; LU-P-1901, de Fonsagrada a Navia; LU-P-3503, de Silvouta por Vallo a Vilor; LU-P-3509, de Navia por Virigo ao Alto de Labiadas; LU-P-3511, de Mosteiro a Pacio; LU-P-3512, da Cancela da Serra por Son a LU-722. Practicamente todas as estradas con cadeas.
– Negueira de Muñiz: LU-P-3601 “De Acebo a Negueira de Muñiz”; LU-P- 3602 “Del Acebo a Negueira por Ouviaña a Asturias”.
– As Nogais: LU-P-3701, das Nogais, por Pintinidoira á LU-P-4504; LU-P-4503, de San Pedro, por Busnullan e Vilasol a Nullan; LU-P-0707, de Armesto por Tores ás Nogais; LU-P-3702, das Nogais por Nullán a Lamas.
– Pedrafita do Cebreiro: LU-P-4504, de Pedrafita ao Portelo; LU-P-4503, de San Pedro por Busnullán a Nullán; LU-P-4505, de Louzarela por Queixadoiro a Filloval; LU-P-1301, de Seoane polo Hospital e Ramais a Piñeira, Lousada e Vilela; LU-P-1304, de Mostade por Romeor a Casares; LU-P-4501, de Poio por Louzarela ao acceso a Meiraos; LU-P-4502, de Pacios a Seixos. Todas con cadeas.
– Quiroga: LU-P-5001, de Ponte Barreiro a Vilarbacú; LU-P-5004, de Cruz de Outeiro, por Seara e Ferramulín ao límite provincial; LU-P-5002, de Quiroga por Parteme a Vilar de Lor; LU-P-5005, de Alto de Aldriz a Vilar de Lor.
– Ribas de Sil: LU-P-5301, de San Clodio ao alto da Cruz.
– Samos: LU-P-5603, de Aira Padrón, por Ponte de Louzar a Praducelo; LU-P- 5601, de Samos a Caurel e Rampa de Santa Mariña; LU-P-1306, de Megoxe a Herrería do Incio; LU-P-5605, de Parada, por Santalla a Ponte Louzara. Todas con cadeas.



















Castro destacou o labor da Asociación e o potencial da tradición do ferro como motor económico, social e cultural para Riotorto, subliñando a importancia de impulsar iniciativas que garantan futuro para estes oficios. A Deputación de Lugo mantén unha colaboración estable coa entidade, cunha achega de 14.000 euros. No marco deste apoio, a Asociación avanzou na documentación dos oficios do ferro, catalogando ferramentas, técnicas e a historia das antigas “ferrerías de monte”.
O responsable provincial destacou "o traballo realizado pola organización ao longo destes anos para consolidar unha proba deportiva de primeiro nivel, que atrae tanto deportistas do máximo nivel competitivo como participación popular"
O grupo teatral O Centiño de San Martiño (Foz) actuou este sábado en Marzán, convidado pola asociación veciñal Torques de Marzán. O local quedou pequeno ante a resposta do público: 73 persoas, un récord de asistencia para unha obra de teatro na parroquia. A comedia provocou constantes risas e un ambiente moi participativo. A iniciativa volve demostrar o valor de levar actividade cultural e teatro afeccionado ás parroquias e barrios, achegando propostas escénicas a lugares afastados dos grandes circuítos. O Centiño continuará a xira de “O Autobús” nas vindeiras semanas: Sábado 25 de abril: Vilaronte (Foz). Sábado 2 de maio: Casa da Cultura de Trabada
A xornada contou con degustación gratuíta de viños elaborados por adegas da contorna, unha cata comentada e un mercado de produtos gastronómicos locais, permitindo aos asistentes coñecer de primeira man a riqueza do produto de proximidade. O pregón desta edición correu a cargo de Alejandro Gándara, quen presentou o seu proxecto audiovisual 360 curvas, unha obra que reflexiona sobre a distancia entre A Fonsagrada e Lugo e sobre o conflito social e político asociado á perda da súa condición de cabeceira de comarca, no marco da loita contra a despoboación.
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A etapa, cun percorrido duns 150 quilómetros, partiu arredor das 11:30 horas e rematou en Barreiros, atravesando concellos como Xermade, Muras, Viveiro ou Foz. A proba reúne a equipos do ciclismo profesional internacional e sitúa a provincia de Lugo como escenario dunha das citas deportivas máis destacadas do calendario. O Goberno colabora no desenvolvemento da carreira a través das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, que velan polo correcto desenvolvemento da proba e pola seguridade de participantes e afeccionados.
A cita contará con charlas, obradoiros, concurso de fotografía e unha ampla zona expositiva. A feira será de acceso gratuíto e está pensada para gozar en familia.



