Burela, a 9 de xaneiro de 2021. O PP burelés denuncia as malas formas do Sr. Llano e do seu concelleiro Fernández Rey poñendo como exemplo o aviso con tan só hora e media de antelación ao Grupo Municipal Popular coa clara intención de que este non acudira á presentación deste venres da Supercopa de España de fútbol sala.
“As cousas teñen que ir moi mal no Concello cando o Sr. Llano e o Sr. Fernández Rey teñen que utilizar este tipo de estrataxemas, para darse autobombo e conseguir unha instantánea cos seus socios de goberno, os concelleiros do BNG, a costa de politizar o fútbol sala”.
No PP aclaran que “isto é algo que empeza a ser habitual, hai uns días non avisaron a ningún representante do Grupo Municipal Popular para que acudira á recepción das Supercampioas. E outro exemplo constitúeo a introdución dun punto no último pleno, de forma totalmente irregular, fóra da orde do día e sen avisar, para facer un discurso político sobre a hostalaría en Burela”.
Sinalan que, “neste último caso, mellor lles iría se cumpriran coas promesas que lles fixeron aos hostaleiros e lles entregaran, por exemplo, algún dos escasos 50.000 euros que ían repartir o ano pasado para axudarlles, e dos que nada saben, ou lles condonara o pago da taxa de terrazas tal e como lles dixo que ía facer”.
“O que nos fai gracia é o cinismo co que actúa o Sr. Llano que, hai uns meses, se queixaba de que a Xunta o avisara con tan só 48 horas de antelación para a visita dunha conselleira a Burela. Dende o PP de Burela poderíamos chegar a entender esa crítica se el se dignara a ter esa mesma cortesía política e avisara aos representantes da veciñanza de Burela, o Grupo Municipal Popular, con esa antelación”.
O Concello de Burela non lle solicitou ningún tipo de colaboración á Xunta no referente ás instalacións municipais da Marosa
Noutra orde de cousas, dende a concellería de deportes, o Sr. Fernández Rey, “tivo o descaro de criticar publicamente que a Xunta non investira nada nestes últimos anos nas instalacións municipais da Marosa sabedor de que, dende o propio Concello, non se lle solicitou ningún tipo de colaboración para manter o paupérrimo estado no que están estas instalacións, de titularidade municipal, dende que os socialistas forman parte do goberno en Burela”. “E é que, tal e como se indicou dende a Secretaría Xeral Para o Deporte da Xunta de Galicia, só houbo contactos para a construción dun pavillón de deportes que finalmente quedou en nada”.
Indican dende as filas populares que “Don Ramiro Fernández esquece, con toda a intención, as aportacións anuais que fai a Xunta de Galicia aos clubs e agrupacións deportivas da nosa vila e que ascenden a uns 130.000 euros”.
“Unha vez máis, Don Ramiro Fernández, trata de botar balóns fóra cando lle apertan os zapatos e é que nos últimos tempos estase a lucir cos incumprimentos que está a ter o propio concelleiro cos usuarios destas instalacións deportivas”. Dende o PP lembran, “xa non nos referimos ao atraso inxustificable na execución dos proxectos prometidos o ano pasado para estas instalacións, algo moi habitual neste goberno local, como son a reparación da grada principal, o peche perimetral do campo de herba artificial ou a reparación da cuberta da grada accesoria… só hai que ver a última nota de prensa na que, coa súa soberbia característica, lle indica á SD Burela que lle debería de estar agradecida polas aportacións feitas dende o Concello”.
“Aqueles veciños e veciñas que queiran ver as aportacións feitas polo goberno socialista que acudan ás instalacións municipais da Marosa estes días e que vexan a situación na que se atopan”, conclúen os populares.
























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



