Ribadeo, 22 de xaneiro de 2021. Seguen a baixar os casos positivos por covid19 no Hospital Asilo de Ribadeo. O último cribado realizado hai dous días arroxa a cifra de 6 persoas contaxiadas, segundo ven de informar o alcalde, Fernando Suárez.
O rexedor dixo que “seguindo a estela das últimas notas de prensa emitidas, debemos falar dunha situación agridoce na situación do Hospital Asilo, aínda que a medida que o tempo vai pasando o número de casos, no seu conxunto, seguen a baixar”.
Suárez Barcia confirmou que “actualmente xa non quedan usuarios desprazados ao Cegadi (Centro Galego de Desenvolvemento Integral) pois as 2 persoas que quedaban alí, das 19 que chegou a haber, xa retornaron a Ribadeo”.
O alcalde comentou esta tarde que “os responsables sanitarios do Hospital da Costa indícannos que o cribado feito hai dous días deu como resultado que os casos activos entre usuarios e persoal do Centro ascenden a 6 persoas. Tamén nos din que actualmente hai 2 persoas que permanecen no Hospital da Costa por mor do covid19. Polo tanto, no momento de facer esta nota de prensa temos un total de 8 persoas positivas en coronavirus. Sendo esta unha cifra importante, o certo é que xa queda moi lonxe das 26 que chegou a haber no momento de maior incidencia deste gromo”.
Fernando Suárez contou que “con todo e iso, debemos indicar que hai dous días faleceu una persoa que aínda non dera negativo nas probas de inmunidade ao coronavirus. Tiña 92 anos de idade e presentaba patoloxías previas”.
O rexedor insistiu en que “se segue valorando unha vez mais como moi positiva a actuación coordinada na aplicación dos Protocolos e Planes de Continxencia por parte da dirección do centro e do seu persoal, así como a actitude dos residentes á hora de enfocar esta crise sanitaria. E como sempre indicamos, manteremos informada á cidadanía sexa cal sexa a situación á que nos teñamos que enfrontar, coa confianza de que ter pasado xa polo pico de madurez deste gromo que se iniciou hai cinco semanas. Seguirémolo a facer a medida que vaiamos obtendo información, ben por nós mesmos ou ben proporcionada polas autoridades sanitarias autonómicas en canto nola vaian facilitando, sempre co mellor ánimo informativo que evite rumoroloxías ou situacións de confusión”.
Sobre a situación global que se vive en Ribadeo o alcalde sinalou que “segundo os datos que vén de publicar a Consellaría de Sanidade no día de hoxe, Ribadeo aparece con 24 casos nos últimos 14 días. Estamos observando xa que logo, un descenso de casos neste gromo no Hospital Asilo ao tempo que un incremento paseniño e continuado dos contaxios no conxunto do Concello, polo que queremos insistir novamente na obrigada concienciación nas actuacións individuais e colectivas, como persoas e como sociedade, para cumprir a diario as recomendacións e as obrigas que as autoridades sanitarias nos indican. De todos nós dependerá que a cifra siga a subir nas vindeiras horas”.























López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



