Lugo, 18 de febreiro de 2021. O deputado popular no Parlamento de Galicia e presidente da Comisión 7ª, Agricultura, Gandería e Montes, Daniel Vega, defenderá este venres o impulso dunha estratexia de apoio ao sector cárnico por parte do Goberno galego para “potenciar o sector e o rural”.
Vega explica que “desde o Grupo Parlamentario Popular de Galicia cremos que é esencial a creación dunha estratexia de dinamización do sector cárnico galego, con mesas de participación de todos os axentes da cadea de valor do sector, para analizar e dar solución aos retos presentes e futuros” debido á relevancia deste sector e á existencia de antecedentes de plans estratéxicos para outros sectores que comparten a mesma importancia, como é o sector vitivinícola ou o lácteo.
Un sector fundamental
O popular considera “fundamental” ao sector primario en Galicia que é o principal sector para moitas comarcas e que supón o 6,9% do PIB da economía galega. Vega indica que o sector cárnico, concretamente, xera máis de 70.000 postos de traballo e que está vencellado a máis de 61.000 explotacións que superan as 400.000 toneladas de produción de carne. Así mesmo, son 231 as empresas dedicadas á industria cárnica en Galicia. Con 1.300 millóns de euros facturados no ano 2018 e 3.449 traballadores, o sector cárnico posúe un valor económico de 37 millóns de euros.
O presidente da Comisión 7ª do Parlamento de Galicia defende, polo tanto, “a potenciación do sector cárnico galego en relación á profesionalización dos gandeiros e á capacidade de competir nos mercados nacionais e internacionais”. Nese sentido, o parlamentario nomea tanto ao sector porcino, como ao ovino, caprino, equino, bovino, avícola e cunícola.
Indicacións Xeográficas Protexidas
Existen ata tres indicacións xeográficas protexidas dentro do sector da carne en Galicia. A I.X.P. Ternera Gallega, que aglutina case 8.200 produtores activos, 100 industrias, 96.472 canais certificados, 21.369 toneladas de carne producida e ata 122 millóns de euros facturados. A I.X.P. Lacón Gallego, que conta con 191 explotacións, 15 industrias, matadoiros e salas de despece, 7,4 toneladas e un valor económico de 50 millóns de euros. E, por último, a I.X.P. Vaca Gallega e/ou Buey Gallego, con 683 produtores activos, 21 industrias, 334 canais certificados, 138 toneladas de carne e un valor económico de 550 millóns de euros segundo datos do ano 2018.

















O lume iniciouse ás 14.51 horas e para a súa extinción mobilizáronse, polo de agora, 2 técnicos, 7 axentes, 11 brigadas, 12 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
Esta cita, xa consolidada dentro da programación estable do centro, permitirá ao público gozar dunha mostra do traballo artístico e formativo desenvolvido ao longo do curso polo alumnado da especialidade. A actividade constitúe unha oportunidade para achegar a danza á cidadanía e poñer en valor o esforzo, a dedicación e a evolución das alumnas e alumnos participantes.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reuniu máis de 130 palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García entregou os premios da proba, na que Club Fluvial de Lugo, Cidade de Lugo e Altruán coparon o podio por equipos. A Copa Deputación de Piraguismo, que conta de 6 regatas, organízase no marco da colaboración que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo mantén coa Federación Galega de Piragüismo para a promoción deste deporte, ofrecendo aos clubs a posibilidade de participar en competicións federadas nas súas comarcas e contribuíndo así á consolidación de equipos de base.
Malia a intensa calor, o pavillón encheuse de público para gozar das actuacións das numerosas alumnas, que ofreceron exercicios individuais, por parellas e en grupo, destacando pola súa beleza e dificultade técnica ao ritmo da música escollida. Ao remate, a concelleira Ana Rubal entregou medallas ás participantes, que tamén agradeceron o traballo e os valores transmitidos pola súa monitora, Lorena Fernández. Lémbrase que a festa de clausura das Escolas Deportivas terá lugar o luns 29 ás 19:00 horas, nun acto conxunto co Concello de Alfoz, no que haberá diversas actividades de celebración e a entrega de diplomas.



