Burela, 17 de febreiro de 2021. Este xoves será adxudicado o proxecto executivo da EDAR de Burela. A empresa disporá de 8 meses para elaboralo. O alcalde, Alfredo Llano, agarda que a finais deste 2021 ou a principios do próximo ano se licite a construción dunha infraestrutura “moi necesaria” para este concello.
O rexedor contou que “hoxe tivemos unha reunión do consorcio para a xestión do abastecemento de auga de Cervo e Burela, xuntanza na que falamos de asuntos internos desta entidade, pero ademais tiven a oportunidade de conversar con responsables de Augas de Galicia sobre as obras da nova estación depuradora de augas residuais (EDAR). Moi amablemente contestáronme que realmente son dúas obras. Unha delas é a propia EDAR, que se vai instalar na zona portuaria, que está pensada para dar servizo a cerca de 20.000 habitantes e que leva unha tecnoloxía moito máis biolóxica que química. É unha EDAR moi necesaria e que será moi boa para o noso pobo. Pero ademais hai que facer unha obra complementaria, que é a das canalizacións cuns tubos enormes, de 2 metros de sección, que hai que colocar para despois conectar co emisario”.
Llano subliñou que “esta obra complementaria que inclúe as canalizacións licitarase en breve, nos próximos días. E para a propia EDAR farase mañá a adxudicación a unha empresa do proxecto executivo e hai 8 meses de prazo para elaboralo, polo que a finais de outubro estará listo. Iso significa que a finais deste ano ou a primeiros do 2022 licitarase a construción da EDAR, que é algo moi importante para Burela porque a que temos agora en funcionamento quedou obsoleta hai tempo e necesitamos urxentemente a nova. Así que todas as administracións debemos traballar co obxectivo de ter rematada a EDAR no 2023”.






















Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
A alcaldesa Marta Rouco inaugurou a cita, que abriu coa IV Volta Ciclista á Terra Chá e cunha programación centrada na relación entre Galicia e Cuba e na memoria da emigración. Houbo unha mesa redonda sobre o Centro Galego da Habana, a exposición Galicia Imaxinada e música, ademais dunha mostra de xornais antigos. Rouco reivindicou a importancia de lembrar a emigración galega e apelou a mirar con humanidade as migracións actuais, destacando tamén o papel das asociacións culturais das parroquias na conservación das tradicións. A feira continou con desfile de época, xantar popular, xogos, animación, baile cubano, foliada, queimada e propostas musicais e artesanais ata a noite.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Ocorreu minutos antes das 11:30 horas. Unha persoa foi trasladada ao hospital tras resultar ferida na colisión entre un coche e un autobús no quilómetro 512 da A-8 en sentido A Coruña, en Vilaframil (Ribadeo). Entre os alertadores estiveron as persoas que viaxaban no coche, que puideran saír do vehículo. Por outra banda, o autobús conseguiu deterse uns metros máis adiante. Ao punto desprazáronse Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da autovía.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.


