Burela, 10 de febreiro de 2021. O alcalde, Alfredo Llano, anunciou que o Concello eximirá das taxas da auga e do lixo aos establecementos hostaleiros durante os meses de novembro e decembro pasados así como xaneiro e febreiro deste 2021. Ademais tampouco se pasará ao cobro a taxa das terrazas durante un período de seis meses. O Concello estudará a adopción doutras axudas así como a organización de eventos que traian xente a Burela, cando sexa posible. Llano mantivo nas últimas horas unha xuntanza con representantes dos hostaleiros e da Acia local e dixo que o encontro foi cordial.
O rexedor declarou que “estivemos comentando todo o relativo á situación sanitaria actual en Burela. Imos descendendo moi lentamente os casos, temos 23 ou 24 nos acumulados, aínda que a sete días temos 8 nada máis, o que quere dicir que se están facendo as cousas bastante ben, pero a lentitude a veces é desesperante. Tamén comentamos a repercusión que ten esta situación na actividade socioeconómica. É certo que é moi preocupante. Agora están parados e xa o estiveron tamén nos meses de novembro e xuño. O comercio tamén está moi limitado polo peche perimetral e polo horario. Consideramos que entre todos debe haber colaboración, axudas e entendemento para loitar dunha maneira efectiva e solidaria para acadar o máximo rendemento dentro dun equilibrio que debe existir entre a garantía sanitaria e a actividade socioeconómica”.
O alcalde burelés dixo que “o Concello, dentro das súas limitacións e dentro do que pode facer, imos procurar estar con todos os autónomos, para tratar de minimizar un pouco as perdas pola falta de actividade. Con eles acordamos non pasar os recibos do lixo e da auga dos meses de novembro e decembro do ano pasado máis de xaneiro e febreiro deste ano á hostalería. Tampouco imos pasar as taxas das terrazas durante seis meses, iremos vendo como vai avanzado, esperemos que vaia ben e que se recupere a normalidade que sexa posible e o sector a partir de xuño”.
Alfredo LLano engadiu que “imos facer programas culturais, deportivos e eventos para tentar traer xente a Burela. É certo que acabamos de anunciar que a Feira Expomar non se vai celebrar no mes de maio, pero trataremos de facer outras actividades que sexan motivadoras para atraer xente a Burela, para que haxa movemento e actividade diversa tanto no ámbito cultural, como deportivo e outros. Procuraremos axudar tamén á hostalería para a promoción. Máis adiante miraremos algún tipo de subvención para aplicar ao comercio e aos autónomos que o soliciten. Non marcamos ningunha cifra porque non se pode ata facer a liquidación dos orzamentos do ano pasado. Volveremos xuntarnos durante o mes de marzo e xa iremos vendo o tipo de relación que sexa favorable e axudar desde o Concello con todas as formas que poidamos ter, que a veces son limitadas. Pero estaremos aí en conxunto e tratando de levar as cousas da mellor maneira posible”.
O rexedor salientou que “hai que dicir que en Burela se está traballando ben e hai corresponsabilidade. O definitivo sería acabar dunha vez coa pandemia e que as vacinas se distribúan o antes posible e a todos os colectivos, en principio aos que teñan máis risco, pero seguir con toda a poboación, porque senón vai ser moi difícil ter unha garantía sanitaria. Queremos que se apuren as vacinas, con todo o rigor, pero o antes posible”.
E engadiu: “penso que onte tivemos unha conversa cordial de colaboración e iso é o que debe primar no noso concello para acadar un fin que sexa útil para todos”.























López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



