Foz, 6 de febreiro de 2021. O Concello de Foz acaba de poñer en funcionamento cinco desfibriladores semiautomáticos para utilizar en caso de parada cardíaca e impartiu un curso sobre o seu uso para traballadores municipais.
A concelleira de Sanidade, Milagros Louzán, explica que o Concello “fixo este investimento en cardioprotección porque sabemos que pode salvar vidas. Os últimos estudos din que na provincia de Lugo falecen 300 persoas ó ano de morte súbita por parada cardíaca; e nestes casos cada minuto que pasa redúcese un 10 por cento a probabilidade de recuperación”. E lembra que “cando estaba na oposición o actual concelleiro de Comercio e Turismo, Chema Linares, redactou unha moción para transformación de Foz en espazo cardioprotexido. Cando redactamos o noso programa electoral reflectimos nel esta demanda porque queremos que o noso pobo chegue á taxa de 10 desfibriladores por cada 10.000 habitantes”.
Milagros Louzán engade: “ata agora no Concello de Foz dispoñiamos dun desfibrilador situado no Pavillón Torques, de Marzán, pero este aparato non estaba dado de alta, non contaba con vitrina, nin con sinaléctica, nin con todo o material funxible que a lei esixe para un aparato destas características. Ademais ningunha persoa contratada polo Concello tiña o curso para utilizalo en caso de emerxencia. Por outra banda Protección Civil conta con dous desfibriladores, pero a un deles falláballe a batería e ambos necesitaban dotación de material funxible e mochilas para gardalos axeitadamente. Entón nunha primeira intervención puxéronse a punto os que xa tiñamos: colocáronse a sinaléctica e a vitrina no Pavillón Torques, de Marzán, e repuxéronse todos os materiais funxibles necesarios. Con respecto ós desfibriladores de Protección Civil comprouse unha batería nova, repuxéronse os funxibles que faltaban e compráronse as mochilas para levar os desfibriladores e o material auxiliar. Por outra banda compráronse dous DESA (desfibrilador externo semiautomático) e todos os elementos que a lexislación vixente esixe para o seu rexistro (segundo xogo de parches, rasuradores, tesoira cortaroupa, kit guedel e xogo de gasas)”.
A concelleira de Sanidade tamén destaca que se impartiu o curso necesario para o uso do desfibrilador a traballadores do Concello, no que participaron a Policía Local e o encargado do Pavillón Torques, de Marzán. “Gustaríame salientar a boa disposición destes traballadores para asistir a este curso, tendo en conta que se celebrou o 28 de decembro pola tarde. Non só non se queixaron senón que mostraron en todo momento moitas ansias de facer o curso e axudar a salvar vidas. Cónstame que viviron moitas situacións de tensión con paradas cardiorespiratorias que tentaron reanimar e non todas acabaron cun final feliz. A todas elas e a todos eles quero transmitirlles a miña máis sincera admiración e o meu recoñecemento”.
En canto ao destino dos desfibriladores Milagros Louzán explica que “un deles será, obviamente, para o coche da Policía Local pois chega en moitos casos incluso antes que o 061 a situacións de parada cardiorespiratoria e recibiron o DESA como un auténtico regalo. O outro colocarase no Campo de Fútbol de Malates, aínda que, como é portátil, cando non haxa competicións neste campo poderase levar a outros eventos deportivos”.
Ademais a edil anuncia que “a intención deste goberno é seguir comprando DESA ata conseguir chegar á ratio de 10 desfibriladores cada 10.000 habitantes. Ademais consideramos de gran importancia a formación das persoas usuarias dos lugares onde están colocados estes aparatos. Queremos seguir impartindo cursos de formación nos que participen persoas responsables dos clubs deportivos do noso pobo. Coa actual situación COVID isto é complicado, pero estamos seguros de que todo pasará e que os clubs volverán adestrar; e nese momento nós proporcionarémoslles a todos os que queiran a formación para a utilización do DESA, esperando que nunca a teñan que poñer en práctica”.
Desde a Policía Local focense o xefe en funcións, Candido Lestegás, manifesta que “é unha ferramenta máis para mellorar a atención ao cidadán porque xa tivemos varios casos de xente que se esvaece na rúa e nós chegamos antes que a ambulancia en moitas ocasións. Somos case sempre os primeiros en chegar as emerxencias e por iso é de utilidade”.
E o presidente da agrupación local de Protección Civil, Santos Marqués, destaca que “no caso dunha persoa en parada cardíaca se temos un desfibrilador hai posibilidade de sacalo adiante e polo tanto a importancia é moita”.






















Subliñou o traballo colectivo, o papel do voluntariado e a participación de arredor de mil corredores. Tamén puxo en valor o impacto económico e social da proba e o apoio institucional que permite o seu crecemento, incluída a difusión en streaming que levou a CAMOVI e a Viveiro a todo o mundo.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.
Viveiro, 20 de abril, 2026. A proba volveu converter Viveiro nun punto destacado do deporte e da convivencia, ademais de supoñer un impulso económico para o municipio. María Loureiro destacou que a Camovi “é un exemplo de colaboración e esforzo colectivo, que sitúa Viveiro no mapa e dinamiza a economía local”. O Partido Socialista lembra o seu apoio histórico á carreira e reafirma o seu compromiso para seguir contribuíndo ao seu crecemento. O PSOE agradece tamén á veciñanza a súa acollida e implicación, fundamentais para que o evento continúe medrando ano tras ano.
Castro destacou o labor da Asociación e o potencial da tradición do ferro como motor económico, social e cultural para Riotorto, subliñando a importancia de impulsar iniciativas que garantan futuro para estes oficios. A Deputación de Lugo mantén unha colaboración estable coa entidade, cunha achega de 14.000 euros. No marco deste apoio, a Asociación avanzou na documentación dos oficios do ferro, catalogando ferramentas, técnicas e a historia das antigas “ferrerías de monte”.
O responsable provincial destacou "o traballo realizado pola organización ao longo destes anos para consolidar unha proba deportiva de primeiro nivel, que atrae tanto deportistas do máximo nivel competitivo como participación popular"
O grupo teatral O Centiño de San Martiño (Foz) actuou este sábado en Marzán, convidado pola asociación veciñal Torques de Marzán. O local quedou pequeno ante a resposta do público: 73 persoas, un récord de asistencia para unha obra de teatro na parroquia. A comedia provocou constantes risas e un ambiente moi participativo. A iniciativa volve demostrar o valor de levar actividade cultural e teatro afeccionado ás parroquias e barrios, achegando propostas escénicas a lugares afastados dos grandes circuítos. O Centiño continuará a xira de “O Autobús” nas vindeiras semanas: Sábado 25 de abril: Vilaronte (Foz). Sábado 2 de maio: Casa da Cultura de Trabada



