Viveiro, 3 de febreiro de 2021. No máis recente pleno celebrado pola corporación municipal de Viveiro, o goberno local volveu demostrar a súa xa ben probada incapacidade para aceptar propostas do grupo popular, por boas que sexan para os veciños. A alcaldesa, María Loureiro (PSOE), e os seus compañeiros rexeitaron a moción defendida polo PP para a mellora do pavimento e a iluminación da praza Pastor Díaz. O portavoz popular, Óscar Rodríguez, cre que “no pleno de onte viviuse outra incoherencia por parte do goberno municipal; unha máis”. Explica: “Rexeitou a moción que presentou o me grupo, o grupo popular, para reparar a praza de Pastor Díaz, que é o centro neurálxico de Viveiro, por –díxosenos- non ter orzamento para este fin; o orzamento para este ano aínda non está aprobado, polo que se pode incorporar esa obra”. Engade: “Con esta decisión do goberno municipal os veciños de Viveiro e os visitantes seguirán sufrindo tropezóns e camiñando sobre pozas cada vez que chove”.
Os concelleiros do PP destacan que o orzamento municipal de Viveiro para o ano en curso aínda non está aprobado. Polo tanto, hai tantas posibilidades de incluír a mellora da praza Pastor Díaz como queira o equipo de Loureiro. Rodríguez sinala: “E polo que se ve non quere, non ten intención ningunha de mellorar este ámbito urbano. E iso que levamos rexistrados nos últimos doce meses oito accidentes, oito caídas de veciños; estes accidentes falan ben claro do estado en que se atopa o pavimento da praza e da necesidade de intervir”.
Os populares sinalan, por boca de Óscar Rodríguez: “Pouco despois de rexeitar a nosa proposta, o goberno apoiou unha moción do concelleiro non adscrito para incluír no orzamento un plan municipal para a xuventude, un plan que está sen facer e que hai que valorar; e decide incorporalo aos orzamentos sen máis. Está claro que o voto en contra do goberno á mellora da praza non ten que ver coa cuestión orzamentaria”. Rodríguez recorda que o seu grupo propuxo elaborar un informe técnico sobre o pavimento e o alumeado da praza, para que servira de base para a mellora de tan significativo ámbito urbano.





















A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Contou con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibiron as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolleu a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destacou a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Ata o domingo achegaronse a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.



