Lugo, 12 de febreiro de 2021. O grupo provincial do PP ve plenamente confirmados os seus peores temores con respecto a aportación da Deputación de Lugo, presidida polo socialista José Tomé, ao plan de rescate da hostalería e da pequena empresa lucense. No mellor dos casos, a aportación da Deputación será escasa e chegará tarde e mal. O portavoz popular, Javier Castiñeira, sinala: “Despois de ver como a Xunta saca o seu segundo plan de rescate con 75 millóns, que se suman aos 86 xa concedidos no 2020, dende o grupo provincial do PP preguntámonos cando van saír as da Deputación de Lugo. Levamos meses pedíndoas; incluso foron descartadas en pleno dúas veces polo bipartito cando solicitamos un plan como mínimo similar o de Ourense, de 4 millóns de euros”.
Castiñeira declara: “A Deputación de Lugo, nun alarde de demagoxia pura, preferiu permanecer á marxe novamente e apostar por facer ruído; optou polo enfrontamento coa Xunta de Galicia, que, polo contrario, si se ofreceu para traballar conxuntamente, de forma solidaria, e aproveitar os recursos que ten para tramitar as axudas, que, como se demostrou, ofrecen a axilidade que demanda os empresarios”.
O portavoz popular explica: “Socialistas e nacionalistas prometeron algo menos do millón de euros, cantidade que entendemos é insuficiente; máis grave aínda: podemos asegurar esas axudas van chegar moito máis tarde e con máis carga burocrática que as da Xunta. Cando Feijóo teña pagado o segundo plan de rescate, Tomé aínda estará coas bases do primeiro, así de claro”. Para entón, “moitos hostaleiros e empresas lucenses, como puidemos apreciar estes días, xa non estarán a tempo de recibir as axudas da Deputación, que xunto co Estado son as administracións que menos comprometidas están coa reactivación económica de Lugo”.
Os populares din que se o bipartito provincial aceptara o ofrecemento da Xunta para sumarse a este novo plan conxunto, co que o clúster estaba de acordo, para a semana que vén ese escaso millón de euros que prometeu a señora Porto xa podería estar a disposición dos lucenses; co seu plan, pasarán meses.
Castiñeira cre que “a estratexia que Caballero marcou á Deputación e aos concellos nos que gobernan os socialistas é moi clara: enfrontamento coa Xunta de Galicia para esconder a súa nula xestión e falta de dilixencia, no que o goberno provincial lucense é o máximo exemplo”. Engade que “once meses de estado de alarma e cero euros en axudas directas á reactivación; o pouco que prometeu a Deputación vai chegar tarde e con máis burocracia”.


















A interrupción do servizo está prevista entre as 8.00 e as 19.00 horas con motivo dos traballos de conexión á nova obra de saneamento que se está a executar na contorna. Trátase dunha intervención necesaria para avanzar na mellora das infraestruturas e dos servizos básicos na zona.
No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



