A Mariña, 3 de febreiro, 2021. Pesty László é o responsable do Movemento europeo para protexer á rexións nacionais
– Cal é a esencia da Iniciativa Cidadá da UE que representas e por que consideraches tan importante viaxar a España durante a epidemia COVID?
– En primeiro lugar, quero dar a benvida ás nas nacións autóctonas de España, aos galegos, aos cataláns e aos vascos. Quero agradecerlles a cálida acollida que tivemos nestes últimos días. A iniciativa Sign It Europa saíu do País Sekler; os Sekler son un pobo de identidade húngara que viven nos Cárpatos Orientais, en Romanía. O seu destino en moitos aspectos importantes é algo parecido ao das comunidades nacionais en España. Os Sekler teñen o obxectivo de preservar a súa propia identidade e as súas características económicas e culturais contra un poder central moi forte que busca varrer toda singularidade étnica. O tema central da iniciativa é que a Unión Europea aprobe unha lei que estableza claramente que estes pobos teñen dereito á autodeterminación e poden solicitar fondos da UE por dereito propio, sen a aprobación do goberno central.
Se cadra un dos posibles resultados da iniciativa podería ser o cumprimento dunha das condicións da estabilidade.
– Cal é a actitude da Unión Europea cara a estes temas?
A iniciativa Minority Safe Pack foi rexeitado… – A pregunta é acertada, pero hai que ver que, ademais dos gobernos centrais, as institucións da Unión Europea son actualmente os únicos corpos lexislativos onde podemos atopar respostas aos nosos problemas ou onde polo menos podemos expolos. – Os escépticos adoitan engadir que ata o de agora só cinco iniciativas lograron alcanzar o limiar de polo menos sete países máis un millón de firmas, e todas esas iniciativas fracasaron. – De feito, pero non debemos esquecer que temos un instrumento: a posibilidade da iniciativa cidadá da UE e nós, como membros de rexións nacionais temos que aproveitalo. Temos que loitar as nosas batallas diarias cos gobernos centrais e ao mesmo tempo somos conscientes de que a expresión da nosa vontade pode exercer unha enorme presión. Á fin e ao cabo, necesítanse aproximadamente dous minutos para asinar a iniciativa, e canto máis o fagamos, máis difícil será silenciarnos. A recollida de firmas pode ser unha proba crible e inequívoca de que as nacións como a vasca, a catalá e a galega, a sekler ou a sami ou sexa a frisoa non renunciaron á súa propia identidade e non están dispostos a inclinar a cabeza diante o espírito consumidor global e diante a hexemonía unicolor do capitalismo.





















A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Contou con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibiron as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolleu a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destacou a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Ata o domingo achegaronse a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.



