Santiago de Compostela, 18 de febreiro de 2021. A presidenta de Portos de Galicia, Susana Lenguas, recibiu esta mañá a representantes de diferentes entidades relacionadas coa pesca recreativa co fin de coordinar con estes colectivos as modificacións necesarias para autorizar a práctica desta actividade nos peiraos de titularidade autonómica con seguridade e compatibilidade cos usos profesionais.
A proposta de Portos de Galicia establece como condición as garantías de seguridade das instalacións e os usuarios así como a compatibilidade coa normal actividade e operativa portuaria e as necesidades dos sectores profesionais que utilizan os peiraos. Ademais recolle a categorización dos portos en tres niveis en función da posibilidade de integrar esta actividade: portos nos que se podería pescar libremente; portos con restricións e portos nos que non estará autorizada a pesca deportiva.
A maiores, entre outros requisitos figurarían a obrigatoriedade de facer un seguro con cobertura aos danos persoais e a terceiros, a reserva do solo, xestión dos residuos xerados e uso axeitado de aparcadoiros e outras instalacións portuarias. En todos os casos a premisa básica e priorizar a seguridade e a operativa portuaria profesional.
Os asistentes á reunión quedaron emprazados a un novo encontro proximamente no que trasladarán as súas achegas á proposta na procura do consenso e melloras que permitan iniciar os trámites para a modificación normativa.




















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



