Burela, 25 de febreiro, 2021. Tomás de Aquino Rivera Amorós, Sito Rivera, tomará as rendas do Pescados Rubén Burela FS. O técnico catalán (Mataró, 1956), cunha ampla traxectoria internacional de elite e á fronte de seleccións como Romanía, Hungría, Italia, Libia e Kuwait, incorporarase á disciplina laranxa o luns, despois de pechar os últimos compromisos co seu actual equipo, Manresa FS.
Con experiencia nos históricos españois Polaris Cartagena e Martorell, Sito Rivera saltou fronteiras co nipón Bardral Urayasu e o Napoli e a Luparense en Italia. Os combinados de Romanía e Hungría deron paso ao Sporting de París. Tras dirixir ao Imperial Wet de Romanía, en 2019 regresou á súa terra natal para facerse cargo do conxunto manresano, en Segunda B. Os camiños de Sito Rivera e o Pescados Rubén Burela FS xa coincidiron en 2011 coa participación do técnico no Campus Mixto da entidade; tamén formou parte do profesorado do clínic do Memorial Heroes do Orzán de Imdecum en 2013.
Desde a entidade mariñá, agradecen todas as facilidades mostradas polo Manresa FS para pechar o acordo.
Sábado en Zaragoza
O conxunto laranxa viaxará a Zaragoza mañá, para disputar a xornada 22 o sábado (17.00 horas, Aragón TV/TVG2), con Alfonso Mera á fronte.


























O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.
O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web 



