Lugo, 15 de marzo de 2021. O Centro de Recría de gando vacún de leite que a Deputación de Lugo ten nas instalacións provinciais da Granxa Gayoso Castro, en Castro de Rei, acolle na actualidade 2.150 xatas, o que supón máis do 85% da súa capacidade. Recibe exemplares de 62 explotacións diferentes de gandeiros de toda a provincia, dende Monterroso ou Monforte a Trabada pasando por Pol, Castroverde, Cospeito ou Castro de Rei.
Coa tendencia que se está producindo agora mesmo, agárdase chegar ao 100% da capacidade nos próximos 8 meses. Os animais pasan 21 meses no centro provincial e permiten un aforro de 300 euros por xata aos gandeiros, xa que o prezo da recría é de 2,39 céntimos ao día. Está tarifa inclúe todos os gastos: transporte, tratamentos de fertilidade, alimentación, control sanitario e revisións veterinarias.
Outro aspecto positivo que relatan os gandeiros experimentados no centro de recría é o pulo das súas explotacións dende a súa incorporación ao centro. Ao non recriar nas súas instalacións, poden dedicarlle o 100% do espazo á produción leiteira. Cómpre sinalar que é o primeiro centro público en España que recría gando vacún de leite mediante a xestión directa da Deputación e a colaboración de reputados expertos da Universidade de Santiago.
Mediante este proxecto a institución provincial lucense aposta polo sector primario, impulsando o seu futuro a medio e longo prazo, dende unha visión global e estratéxica do territorio e dende o coñecemento da súa realidade e das súas oportunidades. Este centro pioneiro contribúe a reducir notablemente os custes para os gandeiros ao evitar a recría no exterior de Galicia, reactivando así a economía lucense e contribuíndo a que as explotacións da provincia sexan máis rendibles e sostibles.























Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



