Lugo, 11 de marzo de 2021. A Consellería do Medio Rural convocou neste primeiro trimestre do ano catro programas de axudas para a creación e mellora de superficies forestais. O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, sinalou que suman un investimento de 26.370.000 euros, destinados a incentivar aos propietarios das terras para que acometan labores preventivas de incendios e que posibiliten o aproveitamento forestal durante os exercicios 2021 e 2022.
No mes de xaneiro a Consellería publicou a convocatoria para a creación de superficies forestais en terras non agrícolas, que conta cun orzamento de 7.750.000 euros. Hoxe remata o prazo de presentación de solicitudes para estas axudas que apoiarán os gastos de plantación forestal e de acondicionamento da área de defensa contra incendios forestais, as infraestruturas de acompañamento, obras complementarias e os honorarios da redacción de proxectos.
O martes 16 de marzo remata o prazo para optar ás achegas para a posta en marcha de actuacións preventivas contra o lume, tanto para o control selectivo de combustible como para a construción de puntos de auga en montes veciñais en man común e Sociedades de Fomento Forestal (Sofor); suman un orzamento de 4.000.000 euros. As actuacións de control que se subvencionan consisten na roza e limpeza do monte para crear zonas con descontinuidade horizontal e vertical, contribuíndo así a diminuír o risco de propagación de incendios forestais.
Na mesma liña incide a convocatoria para accións silvícolas de prevención dos danos causados aos bosques por incendios ou desastres naturais, e para o incremento da capacidade de adaptación e do valor ambiental dos ecosistemas forestais, aberta ata o 14 de abril. Neste caso resérvase un investimento de 13.120.000 euros para as subvencións, destinadas a incentivar os rareos, rozas e podas en masas de coníferas, tratamentos silvícolas en masas de frondosas caducifolias, sobreiras e aciñeiras, e a rexeneración ou mellora de soutos de castiñeiros.
Por último, as Comunidades de Montes Veciñais en Man Común poden solicitar ata o 24 de marzo as axudas para mellorar a gobernanza, para impulsar actuacións como o apoio técnico para a xestión ou deslindamentos parciais entre propiedades. O orzamento previsto ascende a 1.500.000 euros.
Instrumentos de ordenación ou xestión forestal
Cabe lembrar tamén que todas estas actuacións silvícolas concordan coas accións previstas nos instrumentos de ordenación ou xestión forestal. Este tipo de documentos de planificación veñen de ser impulsados tras a recente concesión de axudas públicas a un total de 677 beneficiarios por un importe de 4,5 millóns de euros para elaborar instrumentos de ordenación forestal en case 200.000 hectáreas de monte ao longo do presente ano 2021.





















A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Contou con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibiron as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolleu a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destacou a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Ata o domingo achegaronse a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.



