Ribadeo, 18 de marzo, 2021. O Centro de Investigacións Mariñas (Cima), dependente da Consellería do Mar, desenvolveu durante 2020 un total de 18 accións de investigación nas que abordou distintos asuntos de interese sobre a explotación dos recursos mariños e acuícolas en Galicia co obxectivo de mellorar a súa xestión e impulsar a súa produción na Comunidade. Entre eses proxectos, relacionados de xeito directo co sector marisqueiro e da acuicultura, están os vencellados coa busca dunha estirpe de berberecho resistente á marteiliose, o estudo de novas especies de peixes, moluscos ou algas de cultivo ou co seguimento e detección das toxinas emerxentes.
Este labor desenvolvido o ano pasado, así como o que se prevé realizar durante 2021, aparece recollido nun informe analizado hoxe polo Consello da Xunta no que se dá conta de que durante o pasado exercicio remataron 12 desas 18 accións de investigación. Entre elas, destacan catro que, de acordo cos resultados obtidos tanto polos logros de interese científico acadados como pola repercusión que tiveron tanto a nivel nacional como internacional, contribuíron a proxectar a imaxe do centro de investigación galego no exterior.
Unha das accións máis importantes desenvolvidas polo centro é o proxecto Croquedous, centrado na obtención dunha estirpe de berberecho resistente ao parasito Marteilia cochilia co obxectivo de mellorar a súa produción nos bancos marisqueiros de Galicia. O traballo dos investigadores galegos permitiu obter unha segunda xeración de berberecho común potencialmente resistente á marteiliose, acción á que se lle vai dar continuidade coa busca dunha terceira xeración para comprobar se a resistencia á marteiliose se transmite de xeración en xeración.
No marco do proxecto Croquedous tamén se obtivo a primeira xeración híbrida de berberechos comúns (Cerastoderma edule) e berberechos birollos (Cerastoderma glaucum), a única experiencia documentada no mundo de cruzamento destas dúas especies en condicións de criadeiro.
Outro dos traballos desenvolvidos polos investigadores do Cima, en colaboración co centro do Instituto Español de Oceanografía (IEO) de Vigo, permitiu obter a primeira xeración de individuos de mero de rocha ou cherna (Polyprion americanus) nados e criados en catividade. Trátase dunha experiencia de éxito única en Europa nesta especie acadada no marco da acción de investigación Cherna.
O labor do centro dependente da Consellería do Mar tamén fixo posible manter individuos adultos de cadelucha e obter semente en condicións de laboratorio, o que permitiu desenvolver un protocolo de reprodución, cultivo larvario e preengorde e replicalo de cara a futuras accións de investigación. Os avances foron posibles grazas ao traballo dos profesionais integrados na acción de investigación Coquina.
O proxecto Ginoumar tamén supuxo importantes avances no cultivo e preengorde de ourizo de mar antes do seu traslado ao mar. Os investigadores conseguiron criar larvas deste recurso e levalas ata tamaños superiores a cinco milímetros para a súa posterior solta no medio natural, o que contribuiría a repoboar o litoral de Galicia desta especie.
Convenios de colaboración
Algunhas das investigacións desenvolvidas en 2020 realizáronse no marco de acordos de colaboración con outras entidades académicas como as tres universidades galegas ou con organizacións empresariais como a patronal do sector transformador dos produtos do mar Anfaco-Cecopesca. Desas 18 accións de investigación desenvolvidas en 2020, seis seguen co seu traballo en 2021 e a elas sumaranse as resultantes da convocatoria de accións de investigación realizada pola Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, da que depende o Cima, para este ano e que conta cun orzamento de preto de 830.000 euros. A este investimento engádense máis de 150.000 euros para a contratación de persoal investigador mediante distintas bolsas de formación.
O labor investigador do Centro de Investigacións Mariñas pretende favorecer unha xestión racional e eficiente dos recursos mariños de Galicia e asesorar á Administración galega neste eido, así como contribuír a impulsar tanto a produción marisqueira como acuícola mediante o estudo do posible cultivo de novas especies e a loita contra as súas patoloxías.
Na actualidade o Cima desenvolve un importante labor na busca dunha estirpe resistente á marteiliose, así como no estudo das algas, para promover protocolos axeitados ás diferentes especies existentes en Galicia e mellorar o rendemento económico obtido pola súa explotación. Tamén traballa no seguimento e na detección de especies de microalgas ou outros organismos que poidan aparecer polo cambio climático e portadoras de toxinas emerxentes para elaborar protocolos en relación coa súa presenza e abundancia. O obxectivo é compartir esa información co Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia (Intecmar) -tamén dependente da Consellería do Mar-, anticiparse aos posibles requirimentos normativos e dotar de seguridade ao sector mexilloeiro.




















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



