Ribadeo, 23 de marzo de 2021. O alcalde, Fernando Suárez, asegurou que con fume, cacarexo e hiperventilación non se rehabilitan os cascos vellos. O rexedor subliñou que non hai ningunha partida nova para este fin e que os convenios vixentes son os asinados no 2018 entre o Concello, o Ministerio de Fomento e a Xunta de Galicia. Suárez Barcia considera que o voceiro do PP está a actuar como un botafumeiro, que se dedica ao que sabe, a vender fume.
O alcalde ribadense dixo que “hoxe quero falar da situación do casco vello e da política de rehabilitación con diñeiro público na que levamos razoablemente ben, desde hai anos, o Ministerio de Fomento do goberno do Estado, que é quen máis pon, a Xunta de Galicia e máis o Concello. Nós, como Concello, sufragamos grande parte da obra pública tanto nas rúas como nos diferentes espazos públicos de Ribadeo e de Rinlo. A Xunta e máis o Ministerio sufragan os importes da rehabilitación aos particulares, máis o Ministerio que a Xunta”.
Fernando Suárez manifestou que “a novidade é que agora, unha vez máis, o voceiro do PP parece que atopou un botafumeiro que se dedica ao que sabe, a vender fume. Bótalle un pouco de incenso ao botafumeiro e di que hai 400.000 euros para os cascos vellos de Ribadeo e de Rinlo. A verdade é que sorprendidos por tan grata noticia, poñémonos a consultar, a través dos servizos técnicos, coas oficinas da Xunta, tanto á de Lugo como á de Santiago, e cal é a novidade, pois ningunha”.
O rexedor engadiu que “os convenios vixentes son os que están asinados desde o ano 2018. A previsión de vivendas para Ribadeo era de 24 e hai actualmente 19 solicitudes aprobadas que compren os criterios, e para Rinlo, algo similar, dunha previsión de 12 hai 9. Polo tanto, destas cantidades cacarexadas non se corresponden con novo financiamento. Outra cousa é que no futuro poidan existir novos convenios a asinar polas tres partes, polo goberno do Estado, pola Xunta de Galicia e polo Concello de Ribadeo, como ven acontecendo nos últimos vinte anos. O resto, pois o de sempre, fume, cacarexo e hiperventilación, e desde logo con estes tres adxectivos non se rehabilitan os cascos vellos”.























O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.



