Antes de expoñer o noso relato, queremos deixar claro, o respeto absoluto á decisión das compañeiras e amigas que deciden, que a millor opción é ficar na casa. Nós non dubidamos que a súa decisión é madura e a toman pensando na colectividade. A nosa tamén o é, non permitiremos que ese aspecto se cuestione: o FEMINISMO tomará as rúas por RESPONSABILIDADE SOCIAL.
A nosa decisión de ocupar as rúas é crítica, ponderada, pensada na colectividade e baseada na pluriopresion multiplicada que sigificou e significa a xestión neoliberal, depredadora e biocida da pandemia sobre as mulleres.
Cuestiónase desde moitos despachos e micrófonos se é oportuno que saiamos ás rúas, incluso xurde o adxectivo PERIGOSO:
O verdadeiro perigo é aceptar e calar ante esta xestión da crise deshumanizada, só hai que usar a empatía para ver que hai moitas persoas, principalmente mulleres sufrindo, moi soas.
O que corre perigo é a nosa capacidade para DEFENDERNOS dun sistema depredador ao que as persoas NON LLE IMPORTAMOS.
Corre perigo a nosa madurez social, a nosa capacidade de identificarnos afectivamente cos sentimentos dxs outrxs e tamén corremos risco de que as nosas vilas e as nosa cidades se contaxien ca ultradereita fascista.
Para as mulleres, a maiores, periga a nosa integridade como cidadás, como suxeitas posuidoras de dereitos.
Ese xuízo provoca que se alimenten as bestas: xorde o discurso máis misóxino e reaccionario: que non somos mulleres íntegras, que somos unhas tiparracas irresponsables, lexitímase o discurso de odio hacia as feministas e, incluso, se lle dá pé a xustificar a violencia: que nos lancen lixivia, pelotas, que merecemos perder un ollo…
Por outra banda, un discurso moderado, paternalista dunha equidistancia ponzoñosa: protestade, pero en baixo, que se vos escoite, pero pouco… estes PEROS engrandecen a mensaxe machista de que a voz no espazo público non nos pertence, de que os nosos dereitos poden esperar.
Este sermón violento cargado de aparente protección e responsabilidade sanitaria, desde a perspectiva masculina e androcéntirca: cousifícanos, desposúenos dos nosos corpos e prívanos do dereito a reivindicarnos…deixa entrever que as nosas loitas son esas celebración das mulleres que se poden pospoñer.
O Patriarcado non conseguirá que a vergoña , a irresponsabilidade e a culpa manchen as nosas convocatorias.
Iremos, con máis forza q nunca, responsables, coidańdonos e opoñéndonos firmemente a que a nosa honra se mida pola forza ca que pechamos as pernas, e tamén pola altura do valado no que acurralamos as voces.
As nosas reivindicación non son secundarias, esiximos respeto.
Non nos intimidáis, camiñamos XUNTAS cara un OUTRO MUNDO, máis xusto, máis igualitario e tamén noso.
Non nos conformamos con este mundo que nos empuxa ás marxes.
Queremos vilas que miren hacia o futuro, onde a xustiza social non sexa un privilexio e onde se firmen compromisos sólidos de benestar con todas as persoas.
O 8M atravesaremos as gorxas de POSIBILIDADES DE FUTURO
O 8M faremos máis VIDAS POSIBLES





















O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será na Igrexa de Santa María ás 20:30 h. Debido ao aforo limitado e ao cumprimento da normativa vixente, editaranse entradas que se repartirán no acceso da igrexa o propio día do concerto, onde tamén se realizará o control de acceso.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



