Ribadeo, 4 de marzo de 2021. O Concello de Ribadeo repartirá de xeito gratuíto a partires do vindeiro luns, 8 de marzo, 500 botes de produto desinfectante entre os propietarios de cans. O obxectivo é conciencialos da obriga de limpar os ouriñes das mascotas, algo que recolle a nova ordenanza de medio ambiente.
O edil Jorge Díaz lembrou que “estamos traballando nunha nova ordenanza medioambiental e unha das partes que estamos vendo que preocupa bastante aos veciños e veciñas de Ribadeo é o tema dos animais, neste caso dos cans”.
Díaz Freije subliñou que “dentro desa ordenanza levamos unha modificación nova, que ademais de estar obrigados os donos a recoller os excrementos tamén se inclúen os ouriñes. Hai que levar xunto coa bolsa un frasco con auga con xabón ou con produto desinfectante para que cando ouriñe o can nunha zona pública se bote ese líquido para que estea todo moito o máis limpo posible e sen cheiros”.
O concelleiro de Medio Ambiente explicou que “no Concello de Ribadeo poñemos en marcha unha iniciativa, compramos uns 500 botes que levan unha solución limpadora que estarán a disposición dos veciños e veciñas que teñan que sacar a súa mascota á rúa. Dicir que estas unidades son gratuítas para quen teñan un can e poden retirarse en horario de nove da mañá a dúas da tarde na Área de Medio Ambiente a partires do vindeiro luns, día 8 de marzo. Vanse recoller os datos persoais para que non haxa ningunha picaresca. Esta iniciativa está pensada polo ben común, para que estea moito máis limpa a vila e teñamos un Ribadeo máis limpo”.
Nos botes que vai repartir o Concello pódese ler: “O can é teu, as rúas e parques de todos. Non deixes pegada. Por un Ribadeo limpo”.
A campaña foi presentada polo edil de Medio Ambiente, Jorge Díaz, e polo alcalde, Fernando Suárez.























A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Conta con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibirán as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolle a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destaca a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Estímase que ata o domingo se acheguen a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



