Santiago, 17 de marzo de 2021. O deputado do Grupo Popular Alberto Pazos requiriu hoxe no Parlamento galego ao Concello de Ribadeo que, na maior brevidade posible, facilite unha localización axeitada para albergar con carácter definitivo as dependencias do Xulgado de Paz; así como que, en colaboración coa Xunta, realice sen demora as xestións oportunas para adecuar as dependencias provisionais deste Xulgado de Paz.
Alberto Pazos lembrou que o artigo 51.3 da Lei de demarcación e planta xudicial recolle que “as instalacións e medios instrumentais do Xulgado de Paz estarán a cargo do Concello respectivo, salvo cando fora conveniente a súa xestión (total ou parcial) pola Comunidade autónoma”. Deste xeito, criticou que o BNG “pretenda que a Xunta asuma a responsabilidade de proporcionar e manter as instalacións do Xulgado de Paz de Ribadeo, que corresponde exclusivamente ao Concello”.
Neste sentido, o deputado popular recoñeceu que “as instalacións municipais nas que se localiza o Xulgado de Paz de Ribadeo non compren coas mínimas condicións de salubridade e decoro” e subliñou que “cando o Concello pediu colaboración á Xunta para mellorar estas instalacións, o Goberno galego actuou coa mellor disposición e con total lealdade, a pesar de que a actitude amosada polo Goberno local non estea sendo tan xenerosa”.
“A Xunta, aínda que non tiña a obriga de facelo, ofreceu un local provisional para albergar o Xulgado de Paz durante a reforma das instalacións que ocupa na actualidade, dependencias que están a disposición do Concello e que poderán comezar a ser utilizadas en canto o Goberno de Ribadeo facilite un espazo para o arquivo”, sinalou o deputado popular.





















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



