Lugo, 17 de marzo de 2021. A portavoz nacional, Ana Pontón, visitou o Campus de Lugo, con especial atención ao proxecto Campus Terra, da man da vicerreitora Montse Valcarcel, e aproveitou para destacar a importancia da ciencia e da investigación aplicada tamén ao sector primario, estratéxico para a economía na provincia de Lugo e para o conxunto da Galiza interior.
A líder do BNG fixo fincapé na importancia de aplicar a ciencia e a innovación ao tecido produtivo real, “para que os sectores tradicionais ganen músculo da man da I+D+i, para ser competitivos e xerar valor engadido a través do peche dos ciclos produtivos, abrindo a porta a emprego de máis calidade, a un aumento de rendas para os produtores e produtoras e propiciar unha actividade industrial de transformación dos produtos vinculados ao sector agrogandeiro, sector esencial na economía da provincia”.
Pontón, que coñeceu de primeira man o proxecto de hortas sustentables que desenvolve o Campus de Lugo, aposta pola transferencia de coñecemento desde a universidade de Lugo ao sector agrogandeiro, que considera “estratéxico” desde o punto de vista económico e tamén para desenvolver un aproveitamento máis sustentábel dos propios recursos.
Neste sentido, indicou que Lugo non pode “perder o tren” da oportunidade que supoñen os fondos europeos de recuperación económica, os únicos extraordinarios cos que se conta para saír da crise e que aportarán ao conxunto do Estado 75.000 millóns de euros en axudas directas, dos que o BNG está empeñado en que Galiza reciba até o último euro que lle corresponde e que cifra nun mínimo de 12.600 M€.
“Pensamos que son unha oportunidade para avanzar na estratexia da innovación aplicada ao sector primario e ao peche de ciclos produtivos no sector agrogandeiro”, recalcou, destacando tamén a importancia da comercialización a través de iniciativas que favorezan a distribución da produción e un reparto das rendas que beneficie aos produtores e produtoras.
Neste sentido, fixo referencia aos “circuítos curtos de comercialización ou quilómetro cero”, é dicir, da granxa/horta á mesa, aproveitando a estratexia europea do Pacto Verde,encamiñada a proporcionar alimentos saudables, cun menor impacto ambiental ao tempo que se garanten mellores condicións de traballo e rendas aos agricultores/as e gandeiros/as galegos/as. Igualmente, impulsar unha plataforma de distribución público-privada que canalice os produtos tanto cara as cadeas alimentarias como para colectivos de consumidores.
A líder do Bloque tamén puxo sobre a mesa a necesidade de que o rural conte con todos os servizos tecnolóxicos, e para iso é urxente que se incorpore de cheo ao proceso de dixitalización, tendo en conta que o teletraballo chegou para quedarse, “é unha gran oportunidade para o rural pero para iso precísanse boas conexións, un rural que tamén sexa dixital”, subliñou. Son as propostas que formula a formación nacionalista, na súa aposta por un rural vivo, con servizos, con calidade de vida, un rural do século XXI, concluíu, tras visitar o Campus de Lugo xunto coa deputada Olalla Rodil e o portavoz municipal, Rubén Arroxo.





















A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Contou con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibiron as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolleu a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destacou a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Ata o domingo achegaronse a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.



