Lugo, 28 de abril de 2021. Este mércores presentouse na Praza de San Marcos o vehículo co que o equipo do piloto Luis Vilariño competirá no campionato europeo de rally, o FIA European Rally Championschip (ERC), a competición de automobilismo máis importante despois do mundial.
Será a primeira vez que un equipo galego afronte integramente o campionato, un proxecto deportivo que conta co apoio da área de Deportes da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.
“Desde a Vicepresidencia da Deputación mantemos diferentes liñas de axuda ao automobilismo, co apoio a probas emblemáticas como o Rally San Froilán ou a creación do Rally da Mariña, a as bolsas para pilotos ou o Volante Deputación, que permite aos pilotos noveis iniciarse neste deporte. Co apoio a este proxecto damos un paso máis e apoiamos a participación galega na competición máis importante despois do mundial”, explicou Efrén Castro.
O deputado de Deportes destacou “a visibilidade que a competición dará ao automobilismo e ao deporte galego e lucense, grazas a súa retransmisión por Eurosports e ao impacto que o campionato ten nas redes sociais”.
O piloto de Palas, que xa puxo a proba o Skoda Fabia R5 Evo 2 en carreiras do Supercampionato de España, participará nas oito probas do campionato europeo, en sete países: Portugal, Polonia, Letonia, Italia, República Checa, Hungría e España. A primeira cita será o vindeiro 18 de xuño en Polonia, tras a suspensión do Rally das Azores previsto para este mes de maio e adiado ao outono.
Luis Vilariño sinalou o “reto deportivo e loxístico” que supón acudir a estes eventos e agradeceu a colaboración da área de Deportes para afrontalo. “É un proxecto a dous anos. Neste primeiro, o obxectivo fundamental e coñecer todos os rallyes e, de cara ao ano que ven, intentaremos estar preto dos postos de cabeza nalgunha proba”, apuntou o piloto, que corre acompañado por Álex Noriega, con Óscar Vázquez como director de equipo e Óscar López como xefe de mecánicos.
Na presentación, na que tamén participaron o presidente da DOP Arzúa Ulloa, Xose Luis Carrera, e o secretario xeral da CEL, Jaime López, como copatrocinadores do equipo,
Calendario do FIA European Rally Championship (ERC) 2021
• 6-8 de maio: 55º Rali de Azores (Portugal) – Adiado ata outono
• 18-20 de xuño: 77º Rali de Polonia
• 1-3 de xullo: Rali de Liepãja (Letonia)
• 23-25 de xullo: Rali de Roma capital (Italia)
• 27-29 de agosto: 50º Rali de Barum-Zlín (República Checa)
• 24-26 de setembro: Rali Serras de Fafe e Felgueiras (Portugal)
• 22-24 de outubro: Rali de Hungría
• 18-20 de novembro: Rali Islas Canarias (España)























A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Conta con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibirán as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolle a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destaca a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Estímase que ata o domingo se acheguen a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
