Santiago de Compostela, 7 de abril de 2021. A Mesa pola Normalización Lingüística entregou esta mañá no Parlamento de Galiza máis de 33000 sinaturas en apoio da Proposición Non de Lei de Iniciativa Popular ao Parlamento de Galiza para instar ao goberno galego a tomar as medidas precisas para que a CRTVG aumente a oferta en galego destinada á infancia e á mocidade nas televisións públicas a través dunha canle “Xabarín”, con programación atractiva, actual, educativa e de produción galega dirixida ao público infantil e xuvenil e dispoñíbel en todas as plataformas dixitais, así como nunha App actualizada para todos os dispositivos e que conte ademais con programas e xogos. A iniciativa tamén insta tamén a que toda a programación televisiva, incluídas as plataformas e TVE, teñan versión en galego orixinal, dobrada ou lexendada.
“A enorme cantidade de sinaturas recollidas a pesar das dificuldades no contexto sociosanitario actual demostra que o problema da lingua galega no audiovisual e outros sectores non é de demanda senón de ausencia de oferta”, asegura o presidente da entidade, Marcos Maceira. Neste sentido, Maceira lembra tamén que “a porcentaxe de galego na programación infantil e xuvenil é do 4,6% durante a semana e cae ao 2,7% na fin de semana e que a programación en galego só está garantida por unha única canle, a TVG”. “No contexto das pltaformas dixitais o galego, simplesmente, non existe”, denuncia. Esta é a realidade que quere mudar a Iniciativa Xabarín.
“A unanimidade social arredor da Iniciativa Xabarín débese reflectir nun apoio unánime do Parlamento”, afirma Maceira. Neste sentido, o responsable da entidade de defensa da lingua advirte que a Mesa traballará os próximos días en conseguir o voto afirmativo de todos os grupos parlamentares.
A Mesa anunciou que após o debate parlamentar a iniciativa continuará desenvolvéndose para que a nova lei do audiovisual que presentará o goberno español recolla estas demandas estabelecendo unha porcentaxe de galego igual a do castelán en todas as emisións orixinais, dobradas ou lexendadas, lineais ou baixo demanda, así como igualdade no financiamento antecipado das producións. Un amplo apoio do parlamento de Galiza á iniciativa sería fundamental para conseguir que o proxecto de lei do audiovisual garanta os mínimos que lle corresponden á lingua galega e estabeleza para o galego o mesmo que para o castelán.
“A situación do galego non é irreversíbel se entre todas e todos traballamos para mudala”, salienta Maceira, “e iso pasa, en primeiro termo, por garantir a presenza do galego en todos os espazos tamén o audiovisual que cada vez máis ocupa un espazo central no lecer da mocidade”.
A Mesa agradeceu aos centos de estabelecementos comerciais e de restauración, persoas voluntarias e as entidades sociais que mantiveron até o final con moitas dificuldades a colaboración coa iniciativa.




















No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
Foron os propios implicados quen contactaron co 112 Galicia pasada a medianoite deste domingo. O vehículo no que viaxaban saíuse da vía na LU-132, en Cabarcos, Barreiros. A posición na que quedou o coche, inclinado sobre un terraplén, complicou o acceso dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, por iso, os xestores do Centro Integrado de Artención ás Emerxencias de Galicia avisaron aos Bombeiros de Barreiros. Finalmente, só tiveron que rescatar a un dos dous ocupantes, o copiloto, e, para iso, tiveron que cortar os asentos. Do mesmo xeito, o equipo médico só trasladou a unha persoa.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.



