Burela, 14 de abril de 2021. A Xunta de Galicia publicou hoxe a licitación do contrato de redacción do proxecto básico e de execución para continuar coa ampliación e reforma do Hospital Público da Mariña; tamén se inclúe a dirección facultativa destas novas actuacións que corresponden ás fases II e III do Plan director, nas que a Consellería de Sanidade prevé investir 15 millóns de euros.
O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, visitou hoxe o centro e explicou que se destinan 375.856,80 € (454.786,73 € con IVE) á redacción do proxecto e dirección facultativa das obras, que incluirá o deseño dun novo edificio e a modernización e reorganización de espazos. As empresas interesadas teñen de prazo ata o día 14 de maio de 2021 para presentar as súas ofertas.
O ano pasado finalizaron as obras de construción da Fase I que supuxeron a construción dun novo edificio anexo ao edificio actual, ao que se trasladaron o hospital de día, diversas consultas externas, a zona de hospitalización e farmacia; además dun novo edificio de aparcamento de dúas alturas, cun heliporto na cuberta. Ademais finalizouse a renovación de más de 1.000 metros cadrados de hospitalización, que posibilita acoller 28 habitacións individuais e incrementar a capacidade de hospitalización un 11,5%. Na primeira fase investíronse 15,5 millóns de euros e incrementouse a superficie hospitalaria en 8.000 m2.
A Xunta de Galicia inicia agora, tal e como anunciou o seu Presidente en outubro do ano pasado, as actuacións para completar as fases II e III do Plan Director do Hospital da Mariña. Nesta nova ampliación vaise actuar sobre 9.000 metros cadrados cun custo estimado de 15 millóns de euros.
Contempla a construción dun edificio anexo de 2 plantas con superficie suficiente para albergar o Servizo de Mantemento e a Unidade de Prevención de Riscos Laborais en planta baixa, e salón de actos e dependencias de docencia na planta alta. Reformarase o edificio actual onde se actuará sobre as áreas de anatomía patolóxica, Laboratorio (laboratorio core que integra 3 áreas de traballo: análises clínicos, hematoloxía e microbioloxía), hospital de día, área policlínica e consultas externas, saúde mental, rehabilitación, cafetería e cociña de persoal e sala de médicos de garda. Tamén se renovará a admisión central, a cafetería de público, os gabinetes e consultas polivalentes (recuperación endoscopias, uroloxía, xinecoloxía), radiodiagnose, urxencias (PAC+urxencias hospitalarias), hospitalización a domicilio e coidados paliativos, e medicina preventiva. Reformarase a área de pediatría e área de críticos (UCI-CMA-URPA) e os despachos administrativos.
A Xunta, afirmou Arias, “continúa mellorando as dotacións deste hospital para garantir aos veciños e veciñas da Mariña unha atención o máis ampla posible evitando desprazamentos a outros centros”.
























Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



