Cervo, 6 abril de 2021. A orde do día do pleno ordinario que se celebrará este xoves, 8 de abril, incluirá, entre outros puntos, unha proposta de Alcaldía de apoio á frota artesanal que rexeita varias das particularidades do novo regulamento de control comunitario que obriga a que todos os buques dispoñan de mecanismos de control electrónico da pesca que capturan diariamente e elementos de xeolocalización cando están faenando, entre outros aspectos.
A iniciativa, presentada por mediación do Patrón Maior da Confraría de Pescadores de San Ciprián e que inclúe as reivindicación da Federación Galega de Confrarías, demanda a exclusión no novo Regulamento de Control da Unión Europea dos puntos que inclúe sobre a flota artesanal; concretamente: a obrigatoriedade de instalación de cámaras ou a instalación de cámaras compensadas con mais cota, a xeolocalización obrigatoria para aqueles buques que traballan agrupados e a pouca distancia da costa ou a obrigatoriedade de remitir datos de capturas diarios dende a propia embarcación; tendo que en conta, ademais, que a flota artesanal xa remite diariamente os datos de capturas dende as lonxas situadas a pouca distancia do atraque, ou a través das declaracións de transporte, e as especiais características organizativas do seu sector.
Desde o sector consideran que a adaptación a esta norma é pois completamente inviable; unhas reivindicacións que son apoiadas polo Concello de Cervo, e que serán ratificadas en pleno.
Outros dos puntos que se abordará na sesión será a adhesión a un acordo en apoio a unha xestión do lobo ibérico baseada no respecto ao mundo rural, o consenso social e a coexistencia que contempla os seguintes puntos:
Apoiar a xestión do lobo ibérico no marco legal establecido polos Directiva Hábitats da Unión Europea e o Convenio de Berna, que recoñecen a diversidade de situacións da especie nas diferentes rexións europeas non como un problema, senón como unha oportunidade para unha xestión adaptada ás singularidades locais e sempre baseada na mellor información dispoñible e na coexistencia entre o lobo e a gandería extensiva.
Rexeitar que se reduza o marco competencial e de actuación das Comunidades Autónomas para xestionar a especie. O actual status legal permite que as Comunidades Autónomas que así o consideren poidan outorgar un máximo nivel de protección que impida calquera control letal, pero tamén facilita que outras poidan xestionalo baixo o actual réxime, que garantindo o seu estado de conservación favorable, habilita os controis de exemplares, mesmo mediante normas cinexéticas como permite os Directiva Hábitats.
Respectar sinceramente a independencia do Comité Científico e daquelas persoas que desde o ámbito da ciencia ou desde o seu mero posicionamento persoal, avogan pola inclusión do Lobo Ibérico na Listaxe de Especies Silvestres en Réxime de Protección Especial ( LESPRE). Coa mesma rotundidade esiximos respecto ao traballo que desde hai anos veñen realizando os técnicos das diferentes Comunidades Autónomas, que á súa formación académica engaden a experiencia na xestión cotiá da especie nun mundo real no que ademais das consideracións ecolóxicas deben terse moi en conta as de tipo social e económico que, nun medio humanizado como é o que habita o lobo, son compoñentes moi relevantes.
Lamentar que se confunda a discrepancia co ditame do Comité Científico coa descualificación que xamais estivo na intención dos asinantes. É o propio ditame o que, a falta dunha xustificación legal para incluír o Lobo no LESPRE, considera que outros criterios de inclusión, como o seu valor científico, ecolóxico, cultural ou pola súa singularidade, rareza ou grao de ameaza, están pouco formalizados e non deixan de ser moi subxectivos o que pode dar lugar a inconsistencias no LESPRE. A pesar desa consideración, o mesmo Comité recomenda a inclusión.
Negar que a consideración dos indubidables valores culturais, científicos ou ecolóxicos do Lobo sexa incompatible co seu actual status legal da especie. Eses valores e o obxectivo de conservar a especie son a pedra angular dos plans de xestión das Comunidades Autónomas.
A actual Estratexia, vixente desde 2005, simboliza un punto de encontro entre as Comunidades Autónomas responsables da conservación e xestión directa da especie e o Ministerio con competencias no medio Ambiente con funcións de coordinación e establecemento de criterios orientadores e normativa básica. Apoiar a súa actualización e lembramos que foi o marco de referencia na xestión da especie e permitiu, entre outros logros, que o lobo incrementase tanto a súa área de distribución como o seu número en gran parte do país.
Dar a benvida ao Goberno de España á realidade da xestión do lobo, pero rexeitamos taxantemente que os seus anuncios de apoiar ao sector gandeiro nas zonas lobeiras e ás Comunidades Autónomas, que levamos anos cargando en solitario coas derivadas sociais e económicas que implica a xestión do lobo, supoñan aceptar que a especie sexa incluída no LESPRE. Tales apoios nunca deben facerse á conta de detraer fondos doutras medidas nunha futura PAC, xa de seu moi condicionada nos seus orzamentos, e non precisan que o lobo cambie o seu status legal.
Mostrar o noso apoio incondicional á gandería extensiva, fundamental na economía das zonas rurais, e que precisa nas zonas lobeiras dun modelo de coexistencia baseado nas medidas xa contempladas nos plans de xestión das Comunidades Autónomas, co obxectivo da redución dos danos e a xusta indemnización cando estes prodúzanse.
Recoñecer o valor ecolóxico e cultural que ten a gandería extensiva, xogando un papel crave no mantemento da biodiversidade e de determinados hábitats naturais.
Facer un chamamento ao Ministerio para volver ao escenario de consenso e diálogo, renunciando a continuar coa tramitación da inclusión do Lobo no LESPRE. Coñece o Ministerio o rexeitamento frontal das Comunidades que albergan a inmensa maioría dos lobos do noso país e, por tanto, non pode escudarse en ditames non vinculantes, ignorando cal é a orixe deste procedemento, e forzando situacións inéditas en órganos de coordinación entre o Estado e as Comunidades Autónomas onde o diálogo e o consenso foran os acenos de identidade ata a data.
Traballar na elaboración dunha nova Estratexia de Conservación e Xestión do Lobo en España, partindo das leccións aprendidas da aplicación da Estratexia de 2005, desde a plena lealdade institucional e coa participación dos representantes dos sectores interesados: administracións, gandeiros, propietarios de terreos, expertos, conservacionistas e científicos, lonxe de ideas preconcibidas e posicionamentos estritamente ideolóxicos, respectables pero que non poden condicionar a xestión dunha especie que habita medios socialmente complexos e ecosistemas intervidos pola acción do home desde tempos inmemoriais.




















O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



