Foz, 22 de abril de 2026. O goberno municipal de Foz explica á oposición que os paseos marítimos “están limpos porque o desbroce faise continuamente”.
“Os paseos están limpos, de feito as labores de desbroce non paran e incrementáronse dende o 15 de marzo coa incorporación do segundo tractorista para desbroces”, explica a tenente de alcalde, Inés López Couto, que engade: “ben se ve na foto que envía a oposición que o paseo está limpo. Hai pendentes pequenos traballos de reparación, que son continuos xa que a pedra é un material cun mantemento complicado polas continúas roturas e desprendementos, máis anotamos para repasar esa zona de paseo. Agora ben, se Castiñeira tivese andado por ese tramo cando foi alcalde tería visto que a zona dos asadores -que na súa época estaba chea de maleza- agora límpase de forma habitual”.
Inés López Couto comenta tamén: “ao respecto dos paseos que están cortados por derrubamentos, acaba de publicarse este martes 21 de abril o anuncio no BOE da aprobación definitiva do proxecto Retranqueo dos paseos de Cangas de Foz e da praia de Arealonga (zona Fazouro) debido aos desprendementos producidos nos últimos temporais. Isto significa que en próximas datas se procederá á expropiación e licitación destas obras que son moi necesarias e polas que o Concello de Foz leva loitando desde o mesmo momento dos desprendementos, algo que se nota en que este proxecto xa pasou todas as exposicións públicas e segue o seu proceso. Non fai falla facer preguntas no Senado un ano despois, só ler o BOE para ver os pasos que se levan dado”.
A tenente de alcalde explica tamén que “non hai ningunha deixadez absoluta, intentamos arranxar todo o que nos solicitan os veciños ou o que se detecta que está roto ou defectuoso. Non fai falta esconderse detrás de ningún veciño para saír no xornal e volver ser protagonista, só hai que avisar. E, por certo, os paseos están limpos pero aínda así continúase traballando, con tarefas de desbroce e xardinería”.






















No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
O vendedor da ONCE Daniel José López Legaspi foi quen levou a sorte ao municipio desde o seu posto de venda situado na Praza Maior.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



