Ribadeo, 5 de abril de 2021. O alcalde, Fernando Suárez, fixo balance da Semana Santa e salientou que 1.209 persoas pasaron estes días polas oficinas de turismo de Ribadeo e das Catedrais, e que a ocupación hoteleira roldou o 70%. O rexedor dixo que as cifras están moi lonxe das rexistradas nos anos anteriores á pandemia, pero considera que son positivos porque Ribadeo segue a ser un lugar atractivo e sen masificación, que é elixido por moitas persoas para desconectar e descansar. As Xeorutas e as visitas guiadas polo Ribadeo Indiano e Ilustrado, marcadas polas limitacións da covid-19, colgaron o cartel de completas.
Suárez Barcia indicou que “nesta Semana Santa tan singular con tan pouco movemento, con todo e a pesar de todo isto, tivemos datos positivos dado que o total de viaxeiros atendidos nas dúas oficinas de turismo que temos aquí en Ribadeo, unha delas na vila e outra na praia das Catedrais estes días de Semana Santa, atendemos a 1.209 persoas, 415 na da vila e practicamente o dobre, 794, no punto de información turística das Catedrais”.
O alcalde ribadense contou que “no tocante á procedencia, como non pode ser doutra maneira, todos os viaxeiros eran galegos e galegas, sempre acompañados ben pola familia ou ben pola parella. Destacar que a xente viña de cidades coma Vigo, da Coruña ou de Ourense, buscando escapadas para desconectar e para reconectar coa natureza, e qué mellor que Ribadeo para todas estas cuestións”.
Fernando Suárez dixo que “a ocupación hoteleira, polo que puidemos saber durante este período, roldou aproximadamente o 70%, logo de preguntar a unha parte importante do sector e de facer as correspondentes aproximacións estatísticas”.
O rexedor engadiu que “tamén temos que dicir que durante esta Semana Santa, e co fin de potenciar a imaxe turística de Ribadeo como destino de cultura e tamén de natureza, organizamos unha serie de visitas guiadas gratuítas. Temos que destacar que todas elas estiveron limitadas por mor da Covid-19, pero que todas colgaron o cartel de completo. Quere isto dicir que, si a partir de agora as vacinas chegan de verdade en número e cantidade e podemos ter estes obxectivos na época estival, seguramente non sexa un verán como foi evidentemente o de hai anos, pero Ribadeo séguese poñendo como un lugar atractivo, non masificado e con moito que ver de cultura e de natureza”.




















A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partirán de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



