Lugo, 14 de abril de 2021. O grupo provincial do PP, ao fío das queixas que recibe dos veciños, comproba as deficiencias das estradas que dependen da Deputación e cada día confirma a necesidade de que se deseñe e execute un plan para a mellora das vías provinciais. Nesta ocasión, como sinala o portavoz popular, Javier Castiñeira, os populares desprazáronse a A Terra Chá, a petición de varios veciños, “para comprobar o estado da estrada provincial LU-P 4401, que conecta Muimenta con Pastoriza, e discorre polos concellos de Cospeito, Castro de Rei e a Pastoriza”. Castiñeira explica: “Puidemos apreciar que, efectivamente, ten moitas fochancas; é unha estrada bastante ancha, pero ten o firme moi mal. Parece que a propia Deputación intentou tapar os baches, pero volve haber fochancas, incluso en zonas perigosas, como na banda de rodadura dos dous carrís, o que obriga aos moitos vehículos que circulan por esta vía a desprazarse ao carril contrario para evitar as fochancas”.
En opinión do portavoz popular, “a mellor proba proba de como está esta estradas son as numerosas reclamacións que chegan a Deputación por danos en vehículos”.
Castiñeira avisa ao presidente da Deputación de que “o PP vai seguir na súa liña de traballo en demanda de melloras nas estradas provinciais”. Será así -di- “por moito que lle pese ao presidente da Deputación e nos chame artistas callejeros; o de artistas quédanos moi grande, pero, do de callejeros, teño que dicir que estaremos alí onde nos pidan os veciños e, neste caso, son veciños das tres localidades que xa citei. Demandamos o arranxo do firme desa estrada e que se deseñe canto antes o plan de estradas que vimos reclamando; nese plan podería incluírse o arranxo desta estrada”.
O portavoz popular manifestou: “Debe mellorar moito a xestión da área de Vías e Obras. Así o reclamaron os alcaldes do PP días atrás petando no chan con cascos de obra, diante da Deputación, e o facemos hoxe na LU-P 4401; seguimos petando no chan para que a Deputación arranxe esta estrada o antes posible”.






















O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Ocorreu minutos antes das 11:30 horas. Unha persoa foi trasladada ao hospital tras resultar ferida na colisión entre un coche e un autobús no quilómetro 512 da A-8 en sentido A Coruña, en Vilaframil (Ribadeo). Entre os alertadores estiveron as persoas que viaxaban no coche, que puideran saír do vehículo. Por outra banda, o autobús conseguiu deterse uns metros máis adiante. Ao punto desprazáronse Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da autovía.
O próximo luns 14 de setembro comeza un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
Finalizado o encontro, de carácter privado, o Cónsul asinou no Libro de Ouro da Deputación e a Presidenta fíxolle entrega dun agasallo institucional. Trala xuntanza Carmela López manifestou a súa satisfacción porque “traballamos para avanzar en novas vías de colaboración, e en posibles proxectos que serven para reforzar a relación entre a Deputación e o veciño país de Portugal”.



