Lourenzá, 20 de maio de 2021. Este domingo, día 23, ás 13:30 horas no quiosco da música do Cantón laurentino o Concello de Lourenzá celebrará o Día das Letras Galegas coa colaboración da Banda de Música da localidade. Haberá música, recital e a entrega de premios do certame de poesía.
O concelleiro de Cultura, Manuel Arango Ron, anuncia que “o programa consistirá nun recital poético onde se lerán poesías de Xela Arias e as premiadas no certame de poesía convocado pola Concellería de Cultura. A Banda de Música interpretará a Marcha do Antigo Reino de Galicia, Negra Sombra e o Himno Galego, que pechará o acto”.
Manuel Arango destacou que “dado o gran número de participantes e a calidade das obras presentadas ao certame de poesía o xurado decidiu conceder, ademais dos premios previstos, un accésit en cada categoría. Os gañadores recibirán 50 euros e trofeo, e os accésits serán agasallados cun trofeo”.
A relación de premiados é a seguinte:
Categoría A (ata 9 anos):
1º premio: “Un lugar moi fermoso”, de Xabier Berdeal-González Amor
Accésit: “Galicia”, de Souad Boufeljat.
Categoría B (de 10 a 14 anos):
1º premio: “Labregos de Lourenzá”, de Xiana Gayoso Vega.
Accésit: “Nun recuncho de Galicia”, de Miguel Balseiro Ramallal.
Todos eles son alumnos do CEIP Juan Rey.
Categoría C (máis de 14 anos):
1º Premio: “Esperanza”, de Teresa Díaz Iglesias, de Foz
Accésit: “Terra meiga”, de Jorge Manchado Rivero, de Cervo.
























A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
Durante tres días desfrutan dun programa intenso de actividades na natureza: montaxe e desmontaxe do campamento, surf en Esteiro, tiro con arco, xincana e diversos xogos. A iniciativa está promovida polas Concellerías de Xuventude e Deporte xunto coa Oficina de Información Xuvenil.
Olimpia López, supervisou hoxe en Cospeito un control da campaña de velocidade da DGT, que busca previr sinistros nun verán de maior tráfico. Lembrou que a velocidade inadecuada está presente no 22 % dos accidentes mortais e apelou á responsabilidade dos condutores: cada km/h conta para salvar vidas.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.



