Mondoñedo, 19 de maio de 2021. Mondoñedo acollerá os vindeiros 25 e 26 de xuño un curso de verán da Universidade de Santiago de Compostela baixo o título de I Encontros Álvaro Cunqueiro. O camiño de quita e pon (1981-2021).
O curso, no que colabora tamén o Concello de Mondoñedo e a Casa-Museo Álvaro Cunqueiro, conta ademais coa axuda do Vicerreitorado de Coordinación do Campus de Lugo.
Estes I Encontros Álvaro Cunqueiro terán lugar no Auditorio Pascual Veiga, onde se reunirán ao longo de dúas xornadas unha trintena dos mellores especialistas na figura do grande escritor mindoniense.
Estes encontros han analizar a actualidade e a vixencia do legado de Álvaro Cunqueiro, do que agora que se cumpren os corenta anos do pasamento, os trinta anos da celebración do Día das Letras Galegas a el dedicado e os cincuenta anos da publicación de Xente de aquí e de acolá, entre outras efemérides.
A poesía, a narrativa, o teatro, a literatura xornalística en lingua galega, amais da obra en castelán e a súa relación con outros escritores han ser algún dos aspectos abordados nestes encontros, que contan con homologación oficial para as persoas asistentes ás que se lles certifica- rán dezaseis horas de formación, equivalentes a un crédito universitario.
Amais dunha conferencia inaugural e outra de clausura, estas xornadas contarán con diver- sos relatorios, mesas redondas, presentacións de obras, roteiros literarios e visitas guiadas.
Entre os relatores do curso cóntanse profesores de diversas universidades e centros de in- vestigación galegos, ademais de membros de fundacións, críticos literarios, xornalistas e escritores.
O programa completo destas xornadas pode descargarse aquí: https://www.usc.es/export9/
sites/webinstitucional/gl/servizos/cultura/veran/2021/27.pdf
O prazo de matrícula dos I Encontros Álvaro Cunqueiro comezou o pasado 10 de maio e estará aberto ata o 11 de xuño. As persoas interesadas en anotarse poderán facelo na páxina oficial do Cursos de Verán da Universidade de Santiago de Compostela seguindo o seguinte vínculo: https://www.usc.es/gl/servizos/cultura/veran/#MONDO%C3%91EDO





















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



