Santiago de Compostela, 25 de maio, 2021. O BNG rexeitou o proxecto de lei do Partido popular para creación da universidade privada “Universidade Intercontinental del la Empresa”, polo seu carácter “elitista e excluínte” e beneficiar os “intereses “ de ABANCA. O texto continuará o seu debate parlamentario con votos en solitario do Partido popular.
O parlamentario do BNG, Manuel Lourenzo reprochou ao Partido popular a súa intención de crear “un chiringuito” para beneficiar ao Presidente de ABANCA, Juan Carlos Escotet e cuestionou “este premio” despois de regalar máis de 8 mil millóns de euros para rescatar á banca.
Tras pedir a retirada da lei, Lourenzo lembrou que os reitores das universidades públicas galegas, o voto particular das asociación sindicais e os colectivos estudantís pronunciáronse en contra do proxecto que só conta co apoio do Partido popular para beneficiar a Escotet e “privatizar a universidade.
11.800 euros por mestrado, (máster)
Por outra banda, criticou o anuncio de novos perfís profesionais da nova universidade privada aos que a universidade pública, afirmou, non ten acceso as reducida a oferta de mestrados cando “centos de estudantes de mestrado de educación deben matricularse en universidades privadas españolas porque o sistema público galego os expulsa”. E cal é a alternativa, preguntou, fortalecer os mestrados no ensino público? pois non, a alternativa que lles ofrecen é “unha universidade privada e poñer por diante 11.800 euros para os e as estudantes que queiran optar a unha praza destes mestrados”.
O deputado do BNG recalcou que as titulacións deben ter un carácter complementario e non reiterativo, sen embargo, explicou, isto non ocorre con Administración de dirección de Empresas que conta con esta titulación na universidade pública e agora tamén na futura privada. Ademais, engadiu, os doutores deben contar co sexenio activo para impartir programas de doutoramento na universidade pública, requisito que non se exixe na universidade privada. O nacionalista tamén aludiu aos informes da Secretaria Xeral da Universidade, cunha terminoloxía, a xuízo do deputado, “impropia e nada rigorosa” e resultando un “un panexírico” da universidade privada. Os mesmos informes que “impiden ampliar as prazas e titulacións na universidade pública” recalcou Manuel Lourenzo.
O deputado reiterou que o alumnado que opte a esta universidade privada debe pagar 8.000 euros ao ano. Na súa opinión, esta condición pon en entredito “a igualdade de oportunidades” e cualificou de “indecente” que a mesma empresa á lle regalaron oito mil millóns de euros para o seu recate é novamente agasallada coa xestión dos fondos europeos e, a maiores, pretende facer un negocio coa educación. Resulta “indecente” que ABANCA pretenda negociar tamén co dereito á educación polo que volveu a pedir a retirada da proposta de lei.





















Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



