
Foto de arquivo
Burela, 18 de maio, 2021. A Delegación Municipal de Cultura a través da Bibllioteca Pública Municipal de Burela, ven de organizar o Certame de Narración e Debuxo Infantil “Letras Galegas 2021”, na súa fase local, no cal participaron todos os nenos do Concello sobre o tema “O dereito das nenas e nenos a participar na vida cultural. (Art.31 Convención sobre os Dereitos do Neno)”.
Os gañadores nesta fase local foron:
NARRACIÓNS:
CATEGORÍA “A” (ata 8 anos):
-1º premio: UXÍA NÍÑEZ GÓMEZ. 8 anos. CEIP VISTA ALEGRE.
-2º premio: LAURA BALSEIRO MARTÍNEZ. 7 anos. CEIP VIRXE DO CARME.
-3º premio: SERGIO CORDIDO SOUTO. 7 anos. CEIP VIRXE DO CARME.
CATEGORIÍA “B” ( 9-11 anos):
-1º premio: VÍCTOR LÓPEZ PÉREZ. 10 anos. CEIP FONDO NOIS.
-2º premio: RUBÉN ALONSO LÓPEZ- LEITÓN. 11 anos. CEIP VIRXE DO CARME.
-3º premio: CARME ALONSO FRAGA. 11 anos. CEIP VIRXE DO CARME.
CATEGORÍA “C” (12-16 anos):
-1º premio: ÁNGEL BLANCO SANTOS. 12 anos. CEIP VIRXE DO CARME.
-2º premio: MANUEL ARMESTO TREBOLLE. 12 anos. CEIP VIRXE DO CARME.
-3º premio: HUGO DOMÍNGUEZ PIÑEIROA. 12 anos. CEIP VIRXE DO CARME.
DEBUXO:
CATEGORÍA “A” (ata 8 anos):
-1º premio: ANTÓN ABAD FRAGA. 7 anos. CEIP VISTA ALEGRE.
-2º premio: JAIME LOUZAO YÁÑEZ. 8 anos. CEIP VIRXE DO CARME.
-3º premio: ALDARA NÍÑEZ GÓMEZ. 4 anos. CEIP VISTA ALEGRE.
CATEGORÍA “ B” ( 9-11 anos):
-1º premio: JIMENA DOMÍNGUEZ . 9 anos. CEIP VISTA ALEGRE.
-2º premio: LORENA RANCAÑO ALONSO. 11 anos. CEIP VIRXE DO CARME.
-3º premio: ANTÍA RODRÍGUEZ MON. 11 anos. CEIP VIRXE DO CARME.
A entrega dos premios terá lugar o vindeiro xoves, 20 de maio ás 19:30 horas, no Auditorio da Casa da Cultura de Burela.
Os traballos premiados nesta fase local, participarán na fase provincial do Certame, convocada pola Biblioteca Nodal de Lugo.






















Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Conta con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibirán as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolle a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destaca a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Estímase que ata o domingo se acheguen a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



