Santiago, 6 de maio de 2021. O Parlamento de Galicia aprobou hoxe unha proposición non de lei, logo dunha transacción entre o Grupo Popular e o PSdeG, a través da que se insta á Xunta a dar continuidade ás obras de mellora da seguridade viaria e peonil na estrada LU-162, que conecta Ferreira do Valadouro con Cangas de Foz en Lugo, en concreto impulsando á maior brevidade posible o proxecto dirixido á execución de novas beirarrúas no tramo urbano da travesía de Vilamor e a axeitada conservación e mantemento de todos os elementos da vía.
O deputado popular José Manuel Balseiro lembrou que a Xunta “xa executou nesta estrada máis de dous quilómetros de beirarrúas nas zonas con maior densidade de vivendas en tres fases, o que supuxo un investimento superior aos 450.000 euros”. “Ademais, neste momento tanto as beirarrúas como todos os elementos da estrada atópanse en bo estado de conservación e son atendidas polo persoal do servizo de mantemento ordinario da Xunta para evitar o seu deterioro”, engadiu.
TOTALMENTE DE ACORDO
Balseiro afirmou que “estamos totalmente de acordo en que o proxecto continúe nos espazos pendentes, unha vez que xa se ten executado no treito máis prioritario pola presenza de casas agrupadas, zonas de peor visibilidade ou nas que os vehículos circulan a maior velocidade e hai persoas habitualmente andando”.
“A intención da Xunta é dar continuidade ás obras de mellora da seguridade viaria e peonil na estrada LU-162, que conecta Ferreira de Valadouro con Cangas de Foz, impulsando o proxecto nos tramos que aínda carecen de beirarrúas”, asegurou o deputado popular, quen criticou que o PSdeG “pretendan licitar e executar un proxecto construtivo que, a día de hoxe, non existe”.



















A partir das 19:45 horas abrirán a xornada o Cuarteto Illa Pancha e Tradigalu, mentres que desde as 20:00 horas se poderán degustar hamburguesas á parrilla, bocadillos de panceta e chourizos asados. Xa pola noite, ás 21:30, tomarán o relevo Mi Rollo es el Rock, antes da tradicional fogueira de San Xoán, prevista para as 00:00 horas. A celebración, organizada por A Rebolaxe coa colaboración do Concello de Cervo e a Deputación de Lugo, inclúe tamén o sorteo dunha paleta de cocho e contará con aparcamento habilitado no Estanco da Praia do Torno.
A Garda Civil de Burela tomou declaración este 10 de xuño a unha representante do departamento en liña de Porcelana de Sargadelos, que denunciou unha estafa na que se emprega a imaxe da empresa para enganar clientes. Segundo explicou, desde finais de abril están a aparecer páxinas web falsas con descontos do 80% e perfís fraudulentos en redes sociais como Instagram, TikTok e Facebook, a través dos que varios usuarios xa foron estafados. A compañía presentou denuncias contra distintos dominios e contas, das que só unha continúa activa, e achegou tamén os rexistros da marca e as comunicacións realizadas ante Meta. A denuncia foi formalizada no cuartel da Garda Civil de Burela, onde quedou incorporada ás dilixencias abertas polo corpo.
O deputado galego Francisco Millán Mon explicoulles o día a día da súa actividade nesta cámara e a importancia da Unión Europea para Galicia e viceversa. Desde a dirección do centro agradecen “a súa exposición e o trato dispensado ao alumnado e profesorado desprazado a Bruxelas”. Neste 2026 cúmprense 40 anos da adhesión de España á Comunidade Económica Europea, así se denominaba naquel momento. O IES de Ribadeo é Escola Mentora do Programa Escolas Embaixadoras do Parlamento Europeo.
Foi unha xornada máxica na que a música e a convivencia se deron a man nunha contorna única. Os instrumentos de corda encheron de melodías os xardíns do centro, creando unha atmosfera especial que emocionou ao público asistente e puxo en valor o talento e a ilusión da mocidade. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, non quixo perderse esta cita tan especial e desfrutou da tarde xunto ás persoas usuarias, e o persoal do centro. Durante o encontro, agradeceu o convite e felicitou á organización por promover actividades que fomentan a cultura, a inclusión e os espazos de encontro entre a veciñanza.
A mostra, aberta na sala de exposicións do Auditorio Municipal de luns a venres entre as 18:00 e as 22:00 horas, reúne preto de 30 obras de artistas emerxentes e consolidados, ofrecendo diversas miradas sobre a paisaxe, a identidade, a memoria e a realidade contemporánea. A alcaldesa, Marta Rouco, destacou o valor de que Vilalba forme parte desta programación compartida e o impacto positivo que supón para a actividade cultural local.
No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A saída será ás 10:00 desde El Bao, con autobuses ás 9:00 desde Navia, e a chegada arredor das 16:30 seguida dunha festa na dársena. As inscricións estarán abertas do 31 de maio ao 12 de xuño na Casa do Deporte ou en liña por 7 €. O Concello anima a participar nesta cita que combina natureza, deporte e convivencia.



